DESDE TEL AVIV A GALIZA: MAYUMANA EN VIGO E A CORUÑA


"Momentum", o último espectáculo da compañía israelí Mayumana chega a Galicia. Un espectáculo concibido polos creadores da compañía, Eylon Nuphar e Boaz Berman.

As actuacións terán lugar no Centro Cultural Caixanova de Vigo os días 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro e no Coliseum da Coruña os días 11, 12, 13 e 14 de marzo.

Desde a súa primeira visita a España en abril de 2001, a compañía israelí Mayumana converteuse nun dos espectáculos de maior éxito no noso país. Visitou unha lista de máis de 40 cidades españolas, que colgaron o cartel de "esgotadas as localidades" e que sumaron a cifra de máis de 1.200.000 espectadores só en España. Agora, Mayumana ofrécenos a súa última creación: "Momentum". Un espectáculo concibido polos creadores da compañía, Eylon Nuphar e Boaz Berman, onde se inspiran na natureza do tempo e na súa intransixente regularidade. En "Momentum" dáse cita un grupo que explora como o tempo é, esencialmente, o que dita e move as nosas accións cara ao futuro. O tempo é o que marca o ritmo e o desenvolvemento da música, a canción e o baile. Con todo, as nosas accións teñen a capacidade de cambiar a nosa percepción do tempo, de paralo, de retardalo para atrapar o momento presente, de cambialo para poder revisar o pasado ou aceleralo para impulsarnos cara ao futuro. Cando e como decidimos ir ao ritmo do tempo, e cando e como decidimos manipulalo ou distorsionarlo. Si puidésemos parar o tempo, controlalo, tomarnos un respiro para observalo. Si puidésemos facer todo isto, Que fariamos? Que cambiariamos?
.
http://mayumana.com/momentum
.
Máis información:
www.caixanova.es
tlfo 902 504 500

Comentarios