Por Jorge Marirrodriga
http://israeltodos.blogspot.com/
O mes que vén o Paraninfo da Universitat de Barcelona servirá de sede para a primeira sesión do Tribunal Rusell sobre Palestina. Trátase (copio) dun "tribunal popular de conciencia impulsado pola sociedade civil internacional". O autodenominado tribunal vai investigar a complicidade europea "na prolongación da ocupación de palestina e as violacións dos dereitos palestinos por parte do Estado de Israel".
Tres cousiñas.
1-) A xustiza popular é á xustiza o que a música militar á música. Os tribunais populares son, sen excepcións, unha masa de espectadores con ganas de sangue dirixido por un grupo de linchadores afeccionados aos que capitanea un linchador profesional. Por algo os tribunais populares están prohibidos expresamente na maioría dos ordenamentos xurídicos dos países democráticos.
2-) A Universidade é pola súa propia natureza un lugar de docencia, investigación, reflexión, intercambio de ideas e discusión sosegada. Todo o contrario do escenario dun akelarre antisemita digno de celebrarse nunha praza de Nüremberg nos anos trinta que encima vai ter lugar nunha universidade pública, é dicir paga co diñeiro de todos.
3-) O Tribunal Rusell é a enésima patochada que pretende dar unha pátina de lexitimidade ao antisemismo politicamente correcto. Logo pasan cousas como o sucedido esta pasada semana en Madrid onde unha muller pegou a un raparigo xudeu ao berro de "vós tedes a culpa da guerra de Iraq".
Estámonos a cubrir de gloria.
Comentarios