A película israelí "Ajami", ver de ser nomeada para os Óscar 2010. Este é o terceiro ano consecutivo en que unha película israelí recibe un nomeamento para o prestixioso premio. Acerimonia de entrega de premios será o 7 de marzo. A longametraxe xa gañara o primeiro premio no Festival de Cinema de Londres o ano pasado. Realizouse coa co-dirección do palestino Scandar Copti e do israelí Yaron Shani, e está situada nun distrito xudeu-árabe de Haifa. O ano anterior, a longametraxe israelí "Walz With Bashir" foi nomeado para o premio pero perdeu fronte a un traballo xaponés. O ano anterior, o filme "Beaufort" foi nomeado coma unha das mellores cinco películas estranxeiras pero tampouco gañou.
Comentarios