A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES EN GAZA


A grande maioría das mulleres da Faixa de Gaza afrontan a violencia de diversos tipos, conforme foi revelado a través dun recente informe. O estudo preparado polo Palestinian Women´s Information and Medía Center (PWIC) - Centro Palestino de Medios e Divulgación para as Mulleres, realizado na Franxa de Gaza, descubriu que a violencia contra mulleres en Gaza aumentou desde xuño de 2007 cando Hamas asumiu o control da Faixa. O estudo revela que 77,1% das mulleres en Gaza sufren de violencia, con máis da metade delas sufrindo violencia de máis dun tipo. Un cuarto das mulleres afirman que non se senten seguras nas súas propias casas debido á violencia doméstica. O 67% das mulleres entrevistadas dixeron que sufriran violencia verbal, 71% violencia mental, 62% violencia física e máis do 34% violencia sexual.

"Coido que os níveis de violencia na Faixa de Gaza están moito máis altos que os anos anteriores, e en comparación con outros países, os índices de certo son máis altos" afirmou Huda Hamouda que é a Directora do PWIC ao xornal The Medía Line. "É difícil imaxinar a unha familia vivir con dignidade cando seis membros dunha familia viven con menos que sete dólares por día". "Moitas mulleres din que sofren de desprezo e de rexeitamento". Hamouda afirmou "A violencia doméstica é cometida por parentes tales como o marido, o pai ou o irmán". As mulleres sofren dificultades de todo tipo, sexan estas financeiras, sociais, políticas ou falta de seguranza. "O desemprego é grande e o número de traballadores do sexo feminino diminuíu" informou Hamouda. "En 2006 eran o 14,5% e agora son menos do 10%". Os autores do informe realizaron entrevistas a 850 mulleres de distintos distritos da Faixa de Gaza durante o último trimestre de 2009.

Comentarios