Con motivo da conmemoración o vindeiro 27 de Xaneiro do Día Internacional de Recordo e Homenaxe ás Vítimas do Holocausto, e organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, terá lugar en Ourense entre os días 16 e 29 de Xaneiro, a Exposición "Testemuñas do Holocausto". Exposición que ficará aberta ao público nos salóns do Liceo de Ourense.
O día da clausura da Exposición - o venres 29 - no mesmo Liceo de Ourense, presentación do libro da profesora Gloria de Antonio Rubio "Judios e inquisición en Ribadavia". Libro editado polo Concello de Ribadavia, Casa Sefarad-Israel e a Rede de Xuderías de España. O acto dará comezo ás 19:30 e a presentación correrá a cargo do escritor e socio de AGAI, Afonso Vázquez-Monxardín.
Todas as actividades son de entrada libre.
Comentarios