TZIPI LIVNI: "NON É COMPETENCIA DA UE".


De visita a Paris, Tzipi Livni encontrouse onte co presidente francés Nicolas Sarkozy. No encontro foron debatidas todas as cuestions rexionais do Medio Oriente, nomeadamente a situación actual do proceso de paz cos palestinos e a espiñenta cuestión nuclear iraniana. A líder da oposición israeli informou ao presidente Sarkozy do seu total e radical desacordo cunha proposta de resolución, presentada pola presidencia sueca da Unión Europea, que seica recoñeceria Xerusalén Oriental como capital dun futuro estado palestino. Tzipi Livni insistiu que non compete a Europa tomar partido nesta cuestión, e apelou a Francia para que non acepte a proposta da actual presidencia sueca. A xefa da oposión na Knesset agradeceu tamén ao presidente francés pola postura francesa en relación ao Irán, apelando a que se endurezan contundentemente as sancións a república islámica de Irán. Tzipi Livni reiterou que tanto a oposición coma o goberno israelí están dacordo en canto a necesidade urxente da comunidade internacional dunha resolución do perigo nuclear iraniano.

Comentarios