A ONU (a axencia UNRWA) infla o numero de refuxiados palestinos no Líbano
Segundo informa a web do diario Al Arabiya quen denuncia esta maneira de operar da UNRWA(*) no Líbano.
Lembrar que no mundo só os "refuxiados palestinos" se benefícian, pola graza da ONU, dun estatuto de refuxiado eterno e transmisible (hereditario). Esta organización da ONU -moi xenerosamente financiada por Europa- contabiliza preto de 400.000 refuxiados palestinos no Líbano (descendentes dos refuxiados de 1948). Agora ben, oficiais libaneses e palestinos estiman con todo que non habería máis que uns 250.000. Como se explicaría esa enorme diferenza? A UNRWA aínda contabilizaría a aqueles palestinos que abandonaron o Líbano para establecerse noutros países. Así pois, a UNRWA inflaría nun 60% o número de "refuxiados" palestinos no Libano, e mendigaría preto dos gobernos unha xenerosa axuda financeira calculada sobre unhas cifras amplamente esaxeradas.
Contrasta esta xenerosidade de Nacións Unidas para cos refuxiados palestinos coa actitude totalmente contraria que desde o alto comisionado da ONU para os refuxiados (no resto do mundo) mantén cos refuxiados saharauis. Lembrar que o pasado mes de Setembro Antonio Guterres - o alto comisionado - declarou que "os refuxiados saharauís nos campamentos de Tinduf (suroeste de Alxeria) son nada máis que 80.000, menos da metade dos 185.000 que revindica a Fronte Polisario". Movemento este que loita pola independencia do Sahara Occidental fronte a Marrocos.
Antonio Guterres fixo estas declaracións nunha longa entrevista publicada polo diario Le Soir de Casabranca (Marrocos) tras unha xira polo pais. "Chegamos a esa cifra grazas a tomas aéreas efectuadas polos Estados doantes coa colaboración de Marrocos", revelou Guterres. "A partir desa información decidimos reducir a metade, de acordo co Programa Alimentario Mundial, o volume da axuda alimentaria que recibían até agora os refuxiados saharauis e así evitar o seu abuso e perpetuación".
.
(*) UNRWA - United Nations Relief and Works Agency for Palestine Refugees in the Near East. É unha organización da ONU encargada da axuda aos refuxiados palestinos na Faixa de Gaza, Cisxordania, Xordania, Líbano e Siria. Os refuxiados palestinos son os únicos refuxiados do mundo que teñen un organismo exclusivamente ao seu servizo e non dependen como o resto de refuxiados do Alto Comisariado para os Refuxiados.
Comentarios