O MINARETE DO MEDO


Por Pilar Rahola
La Vanguardia - 10/12/2009
.
Cantos cidadáns sen ningún indicio de xenofobia, nin ningunha consideración ultra, votaron contra os minaretes no referendo suízo? É dicir, unha vez superados todos os lugares comúns da corrección política, unha vez rasgadas as vestiduras progres e tocadas as trompetas da apocalipse multicultural, podemos falar serenamente do medo que ten a xente corrente ao islam? Por suposto trátase dunha cuestión moi antipática, negada reiteradamente, non vaia a ser que o debate se converta en algo serio. Pero é, con toda a súa crueza, a pregunta de fondo, e máis aló de ataques ad hóminem e de converter a todo o mundo nunha especie de membro do aquelarre racista, o certo é que unha maioría importante de cidadáns comúns, liberais, culturalmente abertos e ideolóxicamente diversos, sente medo polo islam actual. Certamente, a miúdo o seu medo nace da ignorancia, ou do receo que sempre provoca o diferente, ou do instinto primario de conservación do propio, pero con todo iso sumado non se chega ao medo moi xeneralizado que existe en Europa.
.
Non, branco sobre negro, o cidadán do montón ten medo porque, collida da man dunha relixión ancestral, coas súas grandezas morais e as súas riquezas culturais, chega tamén unha ideoloxía totalitaria que ameaza, escraviza, violenta e mata. Por suposto, é certo que nunca sobrará dicir que a relixión é unha cousa e o totalitarismo integrista outra, e que a maioría dos musulmáns só aspira a vivir pacíficamente, sen renunciar á súa condición identitaria. Pero o islam ten un serio problema na actualidade, e os seus males non nacen da "incomprensión" occidental, senón das miserias interiores. Non se trata, só, do fenómeno sanguento do yihadismo terrorista. Trátase, tamén, do yihadismo ideolóxico, cuxas derivacións máis extremas comportaron a morte de mozas "adúlteras", as multitudinarias vodas forzosas, a segregación daquelas que queren vivir á occidental, o adoutrinamento antidemocrático e unha infinidade de características que nos achegan tanto á idade media como nos afastan da liberdade.
.
O islam dá medo porque a maioría dos países islámicos son ditaduras atroces. Dá medo, porque as mulleres están sometidas por leis brutais. Dá medo, porque miles de nenos son educados no desprezo aos valores democráticos. Dá medo, porque cristiáns, homosexuais, xudeus e calquera sorte de heterodoxia cidadá é legalmente perseguida, ás veces até a morte, en moitos países islámicos. E dá medo, porque no nome do islam, unha minoría moi poboada declarounos a guerra. Todo isto existe no islam actual e nos medos da xente. Reducir este problema a unha cuestión de reloxo de cuco só serve para alimentar o simplismo do "buenismo" imperante. Pero non evita que o medo aumente.

Comentarios