"Dez medidas de beleza descenderon sobre o mundo; nove recibiu Jerusalem e unha, o resto do mundo". (Talmud de Babilonia, Tratado Kidushín 49:2)
Jerusalem, a capital de Israel, atópase no corazón do país, recostada entre os Montes de Judea. As antigas pedras da cidade, saturadas de milenios de historia e os seus numerosos sitios históricos, santuarios e lugares de culto, están cheas de significado para xudeus, cristiáns e musulmáns. A súa moderna arquitectura, amplos parques, paseos, zonas industriais e suburbios en expansión pregoan as súas esperanzas para o futuro.
A brillante luminosidade de Jerusalem, dourada polos raios do sol, e prateada á luz da lúa, é dun impacto co que só pode competir o caleidoscopio da súa xente - algúns descendentes de varias xeracións de jerosolimitanos, outros provenintes de todos os confíns do mundo. Mesturados con persoas que visten todo o espectro da última moda, atopamos xudeus ultraortodoxos cos seus traxes escuros, mulleres árabes envoltas en túnicas de coloridos bordados e clérigos cristiáns cos seus sombrios hábitos.
Jerusalem, enxalzada polos profetas, encomiada na literatura e a liturxia e loubada polos poetas, próxima e lonxana, ao longo das xeracións. Ver Virtual Jerusalem Tour
Comentarios