EXIPTO TEN FRONTEIRA CON GAZA!!


Exipto impide a entrada de convoi de axuda a Gaza

O Goberno exipcio non permite a un convoi con axuda humanitaria, á espera en Xordania e procedente de Gran Bretaña, entrar por mar a Exipto polo Mar Vermello.

Segundo declarou o portavoz de Relacións Exteriores exipcio, Hossam Zaki, á cadea qatarí de noticias Al Yazira, o convoi "Liña da Vida por Gaza" non está autorizado a entrar en territorio exipcio polo porto de Nuweiba, no golfo de Akaba, no Mar Vermello. O cargamento de axuda humanitaria, composto por máis de 150 vehículos, é promovido polo deputado británico George Galloway, que anteriormente xa encabezou outras iniciativas similares con destino a Gaza. O portavoz de Exteriores exipcio suxire que o convoi, que debe cargarse nun barco, debe entrar polo porto do Arish, moi próximo a Gaza, nas beiras do mar Mediterráneo. Isto obrigaría ao convoi a navegar ao redor da península do Sinaí e pasar ao Mediterráneo pola canle de Suez. O convoi, composto por uns 150 vehículos, partiu de Londres o 6 de decembro -segundo informan os promotores na súa páxina web- e atópase agora apostado na localidade xordana de Akaba, a beiras do Mar Vermello e a poucos quilómetros de Nuweiba. "A nosa postura é que calquera mercadoría con destino a Gaza debe entrar polo porto do Arish", afirmou Zaki. "Si os organizadores queren avergoñar a Exipto a través dos medios, non o aceptaremos", dixo, en referencia ás críticas á súa xestión da zona fronteiriza con Gaza.

Exipto: As construcións na fronteira con Gaza son para protexernos

O ministro de Estado para Asuntos Legais exipcio, Mufid Shehab, reiterou que o seu país "apoia algunhas construcións" na súa fronteira coa Franxa de Gaza para protexer o seu territorio, informaron medios oficiais.

Shehab negou que estas construcións teñan como finalidade a de reforzar o bloqueo imposto a Gaza. Lembrou a destrución dalgunhas construcións exipcias na fronteira con Gaza cando a entrada en tromba de centos de miles de palestinos en Exipto ao romper o valado fronteirizo de protección hai case dous anos. "Ante estes ataques, abusos e irrupcións que ocorreron e as operacións de contrabando de armas e de drogas, o Goberno exipcio tivo que asegurar as súas fronteiras", insistiu Shehab. Segundo o ministro, o Goberno exipcio presentará nos próximos días un informe sobre a situación na fronteira con Gaza para "pór fin ás esaxeracións" sobre este asunto. Shehab referíase a algunhas informacións difundidas que aseguran que Exipto constrúe un muro na fronteira para castigar ao grupo terrorista islamita Hamás, que controla Gaza, por non asinar un acordo auspiciado polo Cairo para lograr unha reconciliación nacional palestina. Medios israelís destaparon a noticia da construción por parte de Exipto dun muro de aceiro na fronteira que terá uns dez quilómetros de longo e penetrará baixo terra até vinte ou trinta metros. O ministro exipcio de Relacións Exteriores, Ahmed Abul Gheit, recoñeceu que o seu país reforza a protección na zona porque "está no seu pleno dereito", aínda que non ofreceu detalles precisos. "Sexa un muro, sensores ou aparellos de escoita, o que importa é a protección do territorio exipcio", agregou. EFE

Comentarios