Meretz quere manifestar a súa firme repulsa pola visita que o presidente iraniano Mahmoud Ahmadinejad está a realizar a Brasil, Bolivia e Venezuela. Ao mesmo tempo solicitamos aos gobernos que conforman a UNASUR a condena da chegada á rexión de quen é o responsable de negar colaboración coa Xustiza Arxentina para o esclarecemento do atentado contra a Mutua xudía, AMIA, producido o 18 de xullo de 1994.
Tendo en conta o forte discurso antibelicista da grande maioría dos países da rexión, manifestando a oposición a que Colombia deixe instalar sete bases militares estadounidenses no seu territorio, resulta cando menos contraditorio e estraño que ningún goberno alce a voz ante a presenza do presidente dun país acusado de ter agredido, a través dun atentado terrorista, á Arxentina hai 15 anos.
Tamén resulta desalentador e preocupante que a república Arxentina non pida a gobernos como o venezolano, o brasileiro ou o boliviano, explicacións por recibir a quen nomeou Ministro de Defensa a un dos acusado de planificar o atentado no que morreron 85 persoas en chan arxentino.
América Latina logrou saír da longa noite da ditadura, e está a tratar de consolidar as súas débiles democracias. A loita para logralo, implica bregar pola vixencia da liberdade, a xustiza social e o respecto irrestrito aos dereitos humanos. Todo isto é contraditorio con lexitimar e estreitar lazos cun réxime como o iraniano: represor, discriminador, teocrático e fundamentalista.
Facemos un chamado aos gobernos latinoamericanos a ter presente, que así como vese con suma preocupación o avance golpista en Honduras como posible lexitimador de futuros ataques á estabilidade institucional doutros gobernos da rexión, non se debería recibir ao xefe dun goberno asentado na fraude e a represión do seu propio pobo.
Por iso, fronte á paradigma de antiimperialismo e autodeterminación que pretende falsamente representar, desde a esquerda apelamos á sociedade e goberno da República Arxentina para que, en todos os seus estamentos, repudie a presenza de Ahmadinejad en chan latinoamericano.
Ariel Gueiser - Secretario de Organización
Susan Gelber - Presidenta
Comentarios