OS LASTROS DOURADOS DE BERLÍN





Publicado orixinalmente en
Yad beYad

Stolpersteine é o nome do proxecto que se estende por diversas cidades de Alemaña e polas rúas de Europa, creado polo artista nado en Berlin en 1947 Günter Demnig e residente en Colonia. O proxecto encherá as rúas de Berlin de lastros dourados para render homenaxes persoais ou familiares ás vítimas do Holocausto. Cando a xente que pasea polas rúas de Berlin os ve, brillando coa súa cor dourada, ou cando se topan con eles porque sobresaen lixeiramente da superficie do chan, cando tentan ler o que está gravado neles, sen darse de conta inclinan a cabeza. Só entón perciben que exactamente alí, fronte a ese edificio ou negocio, unha vez viviu un xudeu que foi vítima do Holocausto. Os lastros do artista alemán Günter Demnig foron depositados alí para romper a rutina das nosas vidas e obrigarnos a lembrar. O artista grava un por un os nomes de cada unha das vítimas nos lastros e recoñece que ás veces caenlle bágoas dos ollos cando coñece o destino das vítimas.
.
"Para min é importante que isto non se converta nunha fábrica industrializada do recordo, por iso fágoo case todo só".
.
O seu proxecto xurdiu nunha exposición de Günter Deming a principios dos anos 90. Entón estendeu por primeira vez unha cinta de 16 quilómetros polo camiño que serviu aos nazis en maio de 1940 para transportar a 1000 xitanos da cidade de Colonia (Köln) ao oeste de Alemaña aos vagóns do tren que viaxa en dirección ao leste cara aos campos de exterminio. "Era un ensaio xeral antes de exterminar aos xudeus", explica Demnig sobre o alcance do acontecemento. Os alemáns querían examinar como se podía transportar persoas en camións ás ramplas e de alí aos trens que posteriormente transportaron millóns de xudeus á morte.
.
Traducción do Hebreo ao español por Silvia Schnessel. Para acceder ao arquivo completo premer aquí (en hebreo) berlinאבני53

Comentarios