O PARTIDO LABORISTA (AVODÁ) A PIQUES DA ESCISIÓN

O sector crítico do Partido Laborista deu un paso máis en dirección á escisión.

Onte martes á noite, nunha asemblea en Tel Aviv, 4 dos seus 13 deputados formaron un movemento chamado Momento da Democracia (Democratic Stage). O deputado Ophir Pines-Paz foi un dos oradores, falando de que Israel "está a deixar pasar unha oportunidade histórica de alcanzar a paz, nun momento en que non hai terrorismo". Pola súa banda, a deputada Yuli Tamir criticou fortemente o primeiro-ministro Netanyahu, "por ter prexudicado a imaxe de Israel e por ter incluído a extrema-dereita no Executivo". Desde o início da formación do goberno de coalición, houbo sectores laboristas opostos á entrada do partido no Goberno. Co paso dos meses, e perante o impasse no proceso de paz, o sector crítico ten ido gañando apoios, a ponto de neste momento faltar apenas un deputado para, dacordo co regulamento da Knesset, poden formar un novo grupo parlamentar. O Partido Laborista foi durante 30 anos o maior partido de Israel, tendo liderado todos os gobernos do país entre 1948 e 1977. Entrou en declive no final da década dos 90, sobrevivindo con moitas dificuldade á sinatura dos Acordos de Oslo e á fundación do Partido Kadima, (centro-esquerda) para onde foron formar parte dos seus militantes. Nas eleccións de Febreiro deste ano obtivo a mais baixa representación da súa historia, conseguindo apenas 13 dos 120 escanos da Knesset.

Comentarios