BRAVO POR DANA STERLINKO


Podería ser unha anécdota, un erro "técnico" mais tristemente non o é. Resulta que a israelí Dana Sterlinko gañou a medalla de Ouro na Copa do Mundo de Esgrima na categoría cadete, que víñase desputando na cidade de Mödling, moi preto de Viena, Austria. Pois ben, cando a rapaza subiu ao podio logo das que gañaran a prata e o bronce, á organización non lle dou a gana de que sonara por megafonía o himno do seu país. A pobre rapaza non entendía porqué tardaban tanto, e cando finalmente decatouse de que non llo ían a poñer, ela mesma comenzou a cantar a capella a Hatikvah, xunto coas súas compañeiras de equipo e maila adestradora, ás que se lles sumaron algúns familiares que estaban entre o público. Seica non é a primeira vez que pasa. Bravo por Dana Sterlinko! Gañadora de dúas medallas de Ouro. A deportiva e a da Dignidade e o Orgullo. Shalom Dana. Neshikot desde Galiza.

Comentarios