ANTISEMITISMO E PUNTO.


O Partido Conservador Británico integra, no Parlamento Europeo, o Grupo "Conservadores e Reformistas Europeos", encabezado por M. Kaminski, notorio anti-semita polaco, ligado a grupos católicos extremistas.
.
Tamén presente no Parlamento Europeo está Nick Griffin, líder do Partido Nacional Británico, coñecido, entre outras fazañas, por negar que o Holocausto existise, e polas teorías da conspiración sobre grupos secretos de xudeus que controlarían a comunicación social inglesa. Aínda na Gran Bretaña, as centrais sindicais, controladas polo Partido Laborista, andan nunha intensa campaña para promover boicots contra Israel aínda que, paradoxalmente, nin por un momento se lles pase pola cabeza pedir boicots a países árabes onde a represión é brutal e os dereitos dos traballadores priman pola ausencia (e que son case todos).

No Parlamento Europeo está tamén o Bloque de Esquerda portugués, representado polo Dr Miguel Portas, coñecido pola virulencia das súas posicións antisemitas e pola querencia pegañosa aos íconos do terrorismo islámico, como o Hezbollah o Hamas. En España, un ministro calquera prohibiu a presenza dunha universidade israelí nun evento sobre enerxías alternativas, alegando inexistentes "directivas da UE", ao mesmo tempo que o Ministro de Exteriores se pasea do brazo con Chavez, Gadafi, Castro, e outros grandes amigos da liberdade e da democracia.
Dun modo xeral, á esquerda e á dereita, os políticos europeos encaran con normalidade e complacencia os chamamentos semanais da xerarquía iraniana, á destrución de Israel, e a repetición continúa e descarada, polos aiatolas, das máis noxentas teses do Mein Kampf. A mesma complacencia que, de resto, demostran perante os explícitos chamamentos ao odio contra os xudeus que todos os días son berrados na cada vez máis numerosa rede de mesquitas financiadas pola Arabia Saudita por toda Europa.
O feito de que Hamas, cuxa carta "constitucional" contén o imperativo de destruír aos xudeus e Israel, lance unha choiva de mísiles sobre Israel, é considerado "normal" e non xustificativo de uso da forza por parte de Israel, cuxa reacción é invariabelmente clasificada de " desproporcionada" e "criminal". De feito polas mesmísimas persoas que ignoran que a resposta británica a alguns centos de V1 e V2 lanzadas sobre Londres en 1944, foi a destrución case completa de Hamburgo e Dresden, etc.
Estes feitos mostran que a profecía de Hitler "Pasarán os séculos, mais nas ruínas das nosas cidades e monumentos, renovarase o odio contra aqueles que son os responsábeis por isto: o xudaísmo internacional!", estase a cumprir.
Hai un novo antisemitismo en movemento, que ten xa deputados en todo o espectro ideolóxico e que elabora libelos e narrativas conspiratorias sobre a malignidade do famoso "lobby xudeu", un conxunto secreto de secretas persoas que se reúnen secretamente en secretos lugares a secretas horas, para secretamente manobrar fíos secretos, responsábeis por todos os males que nos aflixen. Este antisemitismo non é claro e asumido como o nazi ou o dos zares, nin desimulado e cínico, como o protagonizado polo comunismo soviético, mais está a medrar e é cada vez máis poderoso, non só porque ten o antigo chamamento á demonización do xudeu, mais porque conta como apoio, empeñado e en metálico, de numerosos estados que nadan en petrodólares.
Este antisemitismo disfrázase de "antisionismo" e "apoio á causa palestina" e, montado nestas falácias, é xa hoxe parte integrante da politica europea, ten voz no Parlamento e tradúcese en millóns de euros anualmente concedidos a grupos de activistas que só teñen Israel no radar.

Comentarios