Sheikh Salam al-Hoziel vén de Rahat, a única cidade beduina en Israel. Hoziel fai unha intensa campaña para recuperar a Gilad Shalit, o soldado secuestrado por Hamas o 25 de xuño do 2006 preto da fronteira coa franxa de Gaza. Hoziel fundou o movemento Medina Shelanu (O noso País) para combater a crecente presenza do Movemento Islámico Hamas en Israel. Para Hoziel, Hamas debe ser parado: "Aqueles que apoian ao Movemento Islámico, a Hamas e Hezbollah, están aquí, no país [referíndose a Israel] e si non facemos algo respecto diso, non soamente a miña persoa estará en perigo senón todos nós e os fillos dos nosos fillos."
Foto de Hoziel tomada por Abe Selig para o Jerusalem Post
Cando Hoziel soubo da captura de Gilad comezou a viaxar por Israel, xuntando firmas para pedir ao Primeiro Ministro que fixese todo o que estivese ao seu alcance para liberalo. Cando ao mes seguinte coñeceuse a nova de que un beduino facía campaña por rescatar a un soldado israelí, os veciños de Hoziel, moitos dos cales pertencen a unha rama do Movemento Islámico en Israel (un subgrupo da Irmandade Islámica de Exipto), responderonlle con violencia tratando de silencialo. Foi ameazado de morte, a súa casa foi tiroteada e queimada e membros da súa tribo animárono para que se vingase, opción que Hoziel negouse a seguir. Hoziel quere que todo o mundo coñeza a "Medina Shelanu" e asine á súa causa. Polo momento xa conta co apoio de milleiros de beduinos, drusos e xudeus de todas partes de Israel.
Para ler a noticia a fondo ver o artigo no Jerusalem Post
Comentarios