SHALOM, SON GILAD SHALIT

Fíxose público coa autorización da familia o video entregado por Hamas a cambio da liberación, por parte de Israel, de 19 presas involucradas en actividades terroristas.
.
"Shalom, son Gilad, fillo de Noam e Aviva Shalit, irmán de Yoel e Hadas, que vive en Mitzpe Hila. O meu número de identificación é 300097029.
Como se pode ver estou a soster nas miñas mans o xornal de Palestina do 14 de setembro de 2009, publicado en Gaza. Estou a ler o xornal para atopar información sobre min mesmo, coa esperanza de atopar algunha información na que eu soubese da miña liberación e pronto regreso a casa.
Estiven agardando e agardando o día da miña liberación durante moito tempo. Teño a esperanza de que o actual goberno dirixido por Binyamin Netanyahu non perderá a oportunidade de concluír un acordo, e por tanto poderei facer por fin o meu soño realidade e ser liberado.
Quero enviar saúdos á miña familia e dicirlles que os quero e boto de menos e anhelo o día no cal vereinos novamente.
Papá, Yoel e Hadas, Lembrades o día en que visitastes a miña base nas Alturas do Golán o 31 de decembro de 2005, que se non me equivoco chamábase Revaya B.? Camiñamos ao redor da base e tomaron fotos de min no tanque Merkava e nun dos antigos depósitos á entrada da base. Logo fomos a un restaurante nunha das aldeas drusas e no camiño tomamos fotos no lado da estrada co fondo do Monte Hermón cuberto de neve.
Quero dicirlles que me sinto ben, saudable, e os Muyahidínes das Brigadas Izzadien al-Qassam están a tratarme moi ben. Grazas e adeus


Comentarios