O equipo madrileño de Fuenlabrada da liga ACB, ven de facer pública a fichaxe do xogador israelí Tal Burstein.(29 años, 1.98 m.) ex Maccabi Tel Aviv. Despois dunha temporada con pouco protagonismo no Maccabi (4 puntos de media na Euroliga), Burstein fixo un moi bo Eurobasket con Israel: 14,3 puntos, 2,3 rebotes e 2 asistencias por partido. Os problemas de Burstein coas lesions comezaron en maio do 2007, cando detectouselle unha extraña lesión nos dous pés. Estivo dez meses de baixa antes de volver a xogar. E desde entón, o seu rendimento foi irregular. Burstein ten un palmarés envidiable: dous títulos de campión da Euroliga (2004 e 2005), un da Suproleague (2001), oito campionatos de Liga de Israel e seis de Copa.
Comentarios