O REGRESO DO ANTISEMITISMO


Por Denis Macshane
Deputado Laborista británico, ex-ministro con Tony Blair
.
No Royal National Theatre de Londres hai en cartel unha obra, «Our Class» (A nosa clase), que está atraendo moito público. Narra o masacre de 1.400 xudeus na cidade polaca de Jedwabne, no noreste de Polonia, no 1941. Estes xudeus non foron vítimas dos nazis. Foron asasinados por polacos nun arrouto de tolemia antisemita desencadeado polos horrores da ocupación xermano-rusa de Polonia despois de 1939. A obra xira en torno á vida de 10 polacos católicos e 10 polacos xudeus que estaban xuntos na mesma clase, ate que un grupo se volveu contra o outro. Na historia do Holocausto, a matanza de Jedwabne é un incidente secundario. Pero despois de 1945, o Goberno comunista polaco ocultouna durante décadas porque non podía soportar a incómoda verdade de que os polacos exterminasen a xudeus, e non só a nazis.
.
No 2001, o entón presidente de Polonia Alexander Kwasniewski foi a Jedwabne a pedir perdón polo que se fixo aos xudeus da cidade no 1941. Foi atacado por políticos locais liderados polo ultranacionalista Michal Kaminski, que fora membro do antisemita e racista Narodowe Odrodzenie Polski (Renacemento Nacional de Polonia) antes de pasarse a unha política máis convencional, pero aínda da dereita dura. A Kaminski podería considerarselle un máis dos moitos políticos de dereitas de ideoloxía antisemita se non fóra porque agora lidera unha agrupación política no Parlamento Europeo que inclúe ao Partido Conservador británico. Os colegas parlamentarios de Kaminski son convidados habituais de Radio Maryja, a emisora de radio católica de Polonia que o Vaticano tratou de pechar debido á súa propaganda virulentamente antixudía. Hungría enviou a tres deputados do Partido Jobbik, que é abertamente antisemita. Uníronse ao amigo de Kaminski que milita no Partido da Liberdade letona, Robert Zile, cuxa política inclúe honrar aos voluntarios letóns das Waffen SS, cuxo historial era igual de malo que o dos alemáns nazis no que a matar xudeus se refíre. De aí o novo panorama do proceso parlamentario europeo, no que se dá ao antisemitismo un carácter banal e considérase unha política tolerada. O Partido Nacional Británico asegurouse a elección do seu líder, Nick Griffin, ao Parlamento europeo. Griffin é coñecido por negar o Holocausto e na súa granxa tiña dous porcos aos que chamaba «Anna» e «Frank». A única obra súa que se publicou titílase «Quen son os que doblegan as mentes» e nela afirma que un grupo de presión xudeu segredo controla os medios de comunicación británicos. Os sindicatos británicos instaron a boicotear a Israel aínda que en Israel se critique o que fan o seu Goberno e o seu exército máis que en calquera outro país do mundo. A estes mesmos sindicatos xamais se lles pasaría pola cabeza pedir que se boicotee aos Estados árabes represivos, pero cando se trata do único Estado xudeu no mundo aplícase un dobre raseiro. Moitos políticos europeos seguen sen frear ou cuestionar o clásico antisemitismo estatal que expresan os discursos do presidente iraniano Ahmadineyad ou o que os sauditas financien unha rede de mesquitas wahabíes en Europa nas que se predica o odio contra os xudeus e Israel. Apenas deuse publicidade á chuvia de miles de mísiles que os mataxudeus de Hamás lanzaron sobre o sur de Israel. Cando un número moito menor de mísiles V1 e V2 caeron sobre Londres no 1944, a resposta británica foi bombardear Hamburgo, provocando 50.000 vítimas civís, e máis tarde envolver Dresde en chamas, causando a morte de 35.000 nenos, mulleres e non combatentes. Pero cando os soldados israelís tratan de pór fin aos ataques de mísiles contra as súas mulleres e nenos, o mundo apírase a condenaros e trágase a propaganda de Hamás, xa que a nova ideoloxía antisemita sostén que os xudeus de Israel non teñen dereito á defensa propia. Unha forma máis perniciosa de antisemitismo é considerar a todos os xudeus responsables do que acontece en Israel e retratar ao Estado xudeu como unha entidade nazi ou partidaria do apartheid. Aos católicos irlandeses en Gran Bretaña non se lle culpa do terrorismo do IRA e aos cidadáns vascos non se lle mira con desprezo debido ás matanzas do grupo terrorista e fascistoide ETA. Pero aos xudeus, faiselles crer que, a menos que denuncien a un país polo que senten unha afinidade natural e normal, son responsables en conxunto dos excesos, erros e crueldades que efectivamente teñen lugar nos territorios ocupados.
.
Estas forzas compoñen un novo antisemitismo, cos seus deputados, a súa moderna paranoia da conspiración sobre un lobby xudeu segredo que manexa todos os fíos, os seus ataques contra os xudeus en celexóns do seu respectivo país, e o apoio a Estados poderosos con diñeiro para malgastar na promoción do odio antisemita. Este non é o antisemitismo nazi ou dos pogroms no imperio ruso, ou o omnipresente fanatismo antixudeu do comunismo soviético. Pero a ideoloxía, a teoría e a práctica do antisemitismo do século XXI é agora parte da política europea actual. Cando plantaran cara os políticos europeos e adoptarán medidas para derrotar os antisemitas antes de que adquiran aínda máis forza?

Comentarios