A INMORALIDADE DA ONU

Por Rafael L. Bardají
.
Expansión
22 de Outubro de 2009
.
Para as Nacións Unidas hai unha guerra moral e unha guerra inmoral. É moral o ataque continuado contra Israel; é claramente inmoral, a reacción defensiva israelí. Non é outro o sentido e a conclusión do voto, a semana pasada, do Comité de Dereitos Humanos da ONU, condenando a Israel pola súa intervención en Gaza de finais do ano pasado. Previamente, o informe Goldstone, denunciara as prácticas contrarias ao dereito da guerra en ambos contendentes, Israel e Hamas, aínda que o Comité, ás veces presidido polos máis sublimes ditadores do planeta, preferiu esquecerse dos palestinos para concentrar todos os seus ataques contra o exército israelí. Palabrería fácil que contenta e inflama as paixóns dos infantilistas da esquerda de salón. Porque a verdade é que os exércitos occidentais, incluído o español, terían que aprender e moito do coidado que a IDF, as forzas de defensa de Israel, pon á hora de planificar e levar a cabo as súas operacións. De feito pódese afirmar que a IDF é o exército máis moral da Historia. E non o digo eu, afírmao con rotundidade o excomandante das forzas británicas en Afganistán, o coronel Richard Kemp, na súa testemuña do pasado día 16 (e que podes ver ao pe do artigo).
.
Agora ben, calquera que saiba un pouco de historia, vista o uniforme militar ou se deixe guiar polo sentido común sabe que a guerra é un fenómeno complexo e cheo de incertezas, onde se cometen erros. Soldados españois mataron a un soldado afgán porque se lles achegou demasiado, por exemplo; os alemáns acabaron con varios civís ao tentar destruír uns camións de combustibles roubados polos insurxentes; e os americanos bombardearon varias familias por erro. Pero os erros, por dolorosos que poidan ser, non son crimes de guerra. Máxime se suceden nun ambiente onde os insurxentes, guerrilleiros e terroristas se mesturan voluntariamente con civís, ou se escudan neles ou lanzan os seus ataques desde instalacións civís, escolas e hospitais, ben para sentirse a salvo, ben para provocar un contraataque e poder explotar coas súas manipulacións mediáticas a suposta brutalidade dos seus opoñentes. O que os soldados israelís levan anos sufrindo, nós, os potentes aliados da OTAN, comezamos a velo en Afganistán. De feito eu atreveríame a dicir que se as nosas tropas aplicasen o código moral da IDF israelí, produciríanse menos erros e menos baixas civís en Afganistán. Pero claro, iso non se debe airear porque o politicamente correcto é esquecernos dos nosos fallos e botarlle sempre os mortos a Israel. O argumento máis falaz da ONU apunta a que as baixas israelís foron menores que a ao lado palestino. Non podo antepor mellor resposta que a que acaba de dar Shimón Peres ás portas da súa conferencia anual en Xerusalén: "sufrimos menos baixas, é verdade, porque nós protexemos á nosa xente, mentres que eles aprovéitanse da súa xente".

Comentarios