"HE VISTO CAMINOS ABIERTOS PARA EL FIN DEL CONFLICTO"

"He visto caminos abiertos para el fin del conflicto".
José Luís Rodríguez Zapatero
.
Non ten desperdicio a nova publicada no xornal Público con declaracións de Rodríguez Zapatero após a súa fugaz visita a Israel. Non só polo titular lixérxico do presidente en estado de nirvana, senón fundamentalmente polo que di e como o di. Certamente non era de agardar nada especial da súa visita -fugaz- a Israel. Se acaso visualizar por fin e con anos de retraso a normalidade dun xefe de goberno español visitando Israel. Mágoa que a pesar da ampla e intensa axenda proposta para a visita por parte israelí (eran case dous días de traballo arreo) o goberno español entendera que cunhas poucas horas abondaba para "ver los caminos abiertos". Eis a nova no xornal "Público"

Comentarios