DE PASEO POR SIRIA CON ZAPATERO


Por Pilar Rahola
La Vanguardia - 18.10.09
.
Un non pode falar de alianza de civilizacións e non entender que a civilización, basease na Carta dos Dereitos Humanos. Que non se trata de relixións, senón de liberdades. Obama regálalle o segundo discurso de Abraham Lincoln en facsímile, e Zapatero regálalle unha guía de Barcelona. Espectacular. Imposible igualar de forma máis certeira a lectura do grande político norteamericano coa apaixonante e ilustrada lectura dunha guía turística. Era a guía estándar, ou a que inclúe o itinerario internacionalmente valorado de señoras con roupa lixeira ofrecendo os seus servizos por Barcelona? Aquilo do "fer homes", que dicía delicadamente a señora Rius... Oh my God! Pois que lle regalou ao presidente de Siria, agora que se pasea por Oriente Medio? A antoloxía de Mortadelo e Filemón?
.
En fin, Zapatero estivo en Siria, repartiu o seu boismo retórico e foise tan contento cara a Terra Santa, onde sen dúbida explicaría o inmensamente neutral que é España. Déixenme adiviñar o agasallo que lle ofrecerá a Bibi Netanyahu. A súa foto coa kefia palestina en plena guerra de Líbano? Ou o dossier da Anti-Defamation League, sobre o crecente antisemitismo español, actualmente o máis alarmante de Europa? Finos agasallos aparte, e á espera de saber que dixo a israelís e palestinos, o de Siria merece unha reflexión, e non só polas palabras do presidente, senón tamén polos seus silencios. Zapatero vai a Siria, ben. Discursea sobre a bondade das relixións na preciosa mesquita dos Omeyas, ben. Vese con Bashar el Asad e fálalle do bonita que é a paz, ben. E durante toda a viaxe ondea a súa bandeira da alianza de civilizacións, ben.
.
Ben? Non falta nada? Dígoo porque un non pode falar de pacto entre relixións e non lembrar que as relixións non deben ser arietes contra os dereitos fundamentais. Explicoulle ao imán o das mulleres? Tampouco, un non pode estar ante un ditador implacable como Asad e non pedirlle que deixe de financiar a grupos terroristas que atentan contra Israel. Díxolle a Asad que é responsable directo da situación violenta endémica na zona? Preguntoulle polos dereitos fundamentais dos seus propios cidadáns? Ou polo bonito que é ocupar durante anos o Líbano e continuar "influíndo" na súa política interna? Finalmente, un non pode falar de alianza de civilizacións e non entender que a civilización ten como base a Carta dos Dereitos Humanos. Que non se trata de relixións, senón de liberdades. Ese é o problema do discurso de Zapatero: que se trata dunha retórica baleira que soa ben porque non obriga a nada. Até Hamas, que practica o fanatismo relixioso máis violento, podería subscribilo. Total, cando todo o mundo é bo, que importan uns miles de mísiles, unhas mulleres escravizadas, uns opositores asasinados, uns nenos fanatizados. é o que ten elixir a diana equivocada, e non entender que non é unha loita entre civilizacións. É unha loita entre a civilización -teña o acento, a relixión ou a cultura que teña- e a barbarie.

Comentarios