A película "Cinco días sen Nora" da directora mexicana María Chenillo, gañou o Premio "Abrazo" á mellor longametraxe da XVIII edición do Festival de Cinema e Cultura de América Latina que se clausura en Biarritz. Este filme, realizado en 2008, narra a historia dunha muller xudía que, antes de suicidarse, deixa establecidos todos os detalles para a celebración dun perfecto Pesaj (festividade da Pascua xudía) por parte da súa familia. Chenillo, de 32 anos, inspirouse na súa propia familia, concretamente na morte da súa avoa, tal e como relata nunha entrevista aos organizadores do certame. "Tras a morte da miña avoa, os membros da miña familia empezáronse a reconciliar. Foi nese momento cando souben o que pasara" e "eses elementos convertéronse na trama da miña ficción", revelou a xoven realizadora.
Comentarios