As estacións de Israel son diferentes das de Europa. Basicamente hai dúas estacións, o inverno desde finais de outubro até mediados de marzo, cun clima fresco a frío, e é a época cando as choivas se producen, e o verán, entre abril e outubro, que é cálido e case sen choivas. E onte o inverno presentouse á mañá en Israel con choivas por todo o país. O inverno israelí non implica normalmente a neve, excepto no Monte Hermón no Golán e nalgunhas ocasións en Xerusalén e a Alta Galilea. A roupa de abrigo, as botas e os paraugas observáronse hoxe despois de que a choiva caera de forma intermitente na costa. A temperatura comezou a descender como sinal que o inverno está xa aquí. A partir de mañá espéranse treboadas e na vindeira semana as choivas continuarán acompañadas de tormentas eléctricas, e posibles inundacións. No norte do Negev espérase a caída de choiva e o frío deixarase sentir considerablemente.
Comentarios