BEN-GURION E O BOMBARDEO DE AUSCHWITZ

O presidente americano Harry Truman, que sucedeu a Rooseveld, con Abba Eban e David Ben Gurion en Nova York


David Ben-Gurion e a dirección do movemento sionista, aínda antes da independencia do Estado de Israel, apelaran aos Aliados para que estes bombardearen Auschwitz así que souberon que se trataba de campo de extermínio e non campo de traballo como se pensaba anteriormente, conforme documentos recentemente descubertos por un investigador do Holocausto, en Nova York. Historiadores do "The David S. Wyman Institute for Holocaust Studies" presentaron os seus descubrimentos nunha recente conferencia titulada "O fracaso no bombardeo de Auschwitz" na Universidade de Fordham en Nova York.
.
O autor do estudo, Dr. Rafael Medoff, dixo que os novos documentos contrariaran a percepción xeneralizada de que a decisión dos aliados de non bombardear Auschwitz foi en sincronia coa oposición da dirección sionista a ese bombardeo debido ao receio de ferir aos prisioneiros do campo. Segundo Medoff, a Axencia Xudía mudara e invertido radicalmente a súa posición inmediatamente ao confirmar que Auschwitz-Birkenau era realmente un enorme campo de extermínio.
.
Baseándose en documentos recentemente feitos públicos dos Arquivos da Central Sionista en Xerusalén, afirma Medoff, a Axencia Xudía e Ben-Gurion tiñan reclamado con insistencia ao presidente americano Franklin D.Roosevelt para que os Aliados bombardearan o acampamento e as vías do tren que levaban ao campo despois de tomaren coñecemento da existencia dos crematorios e das cámaras de gas. Medoff ten por base da súa investigación principalmente as actas e os protocolos das reunións da Axencia Xudia, en maio-xuño de 1944.

Comentarios