ASASINANDO A MEMORIA



Por Bernardo Kliksberg

Safe Democracy Foundation

30 de Setembro de 2009

.

Auschwitz-Birkenau, é o maior cemiterio existente no mundo. Alí baixo a terra hai 1.500.000 persoas que foron asasinadas polos nazis. 90% foron xudeus. No documental "Shoah" de Claude Lanzmann premiado mundialmente, Franz Suchonel un supervisor das SS en Treblinka quéixase, porque "Treblinka só procesaba de 12.000 a 15.000 unidades diarias, tiñamos que pasar media noite dedicados a iso, a diferenza de Auschwitz, en Treblinka procesábase con gas de escape, Auschwitz era unha fábrica moi eficiente, Treblinka unha liña primitiva". Para os nazis o primeiro lugar nas matanzas tíñano os nenos, porque con eles exterminábase o futuro do pobo xudeu, e suprimíanse as testemuñas posibles. Mataron ao redor dun millón e medio de nenos xudeus. No cemiterio de Tarnov en Polonia pode lerse hoxe unha lápida que di "Xacen aquí 800 pequenas cabezas esnaquizadas de nenos xudeus asasinados cruelmente o 11 de xuño de 1942".

.

Case enfronte da sede da ONU en Nova York está o monumento a Raul Wallenberg, e a historia de como o diplomático sueco salvou 100.000 xudeus húngaros de Auschwitz fabricando pasaportes falsos e arrincándoos dos trens. Para o Presidente da república islamica de Irán Ahmadineyad non hai ninguén baixo terra en Auschwitz, Suchonel non viu o que viu, os nenos de Tarnov non existiron, Raul Wallenberg é un invento. Termina afirmarmando que o Holocausto "é unha mentira, baseada nunha demanda mítica e imposible de probar". Steinmeier, Ministro de Relacións Exteriores de Alemaña, o país que perpetro o Holocausto respondeulle:"Vostede é unha desgraza para o seu país. O seu antisemitismo militante demanda a nosa condena colectiva". O Embaixador Noruegués Tom Vraalsen Presidente do Task Force Internacional para a Educación sobre o Holocausto declarou: "estou consternado e condeno as xa reiteradas declaracións do presidente de Irán do 18 de setiembre de 2009 negando a realidade do Holocausto.

.

Que ninguén se confunda: a negación do Holocausto non é meramente unha forma extremista e infundada de revisionismo histórico, senón unha forma de retórica de odio antisemita. Apunta non só contra Israel ou o sionismo senón tamén incita ao odio contra os xudeus en todas partes". Expresións como estas de negación do Holocausto inzan perversidade e ignorancia; alimentan a fogueira do antisemitismo" Antes no seu discurso para o mundo árabe e musulmán no Cairo o Presidente Barack Obama denunciou: "os xudeus foron reducidos á escravitude, torturados, tiroteados, e asasinados. Seis millóns de xudeus foron aniquilados. Negalo é infundado, ignorante e odioso". Ahmadineyad asumiu o liderado mundial da ultradereita xenófoba e racista, é o heroe dos racistas do KuKuxKlan, dos grupos neonazis europeos, dos grupúsculos neonazis latinoamericanos e de certa esquerda desvariada e antinatura. Ten Ahmadineyad algúns motivos para continuar o seu discurso. Os datos socioeconómicos iranianos sonlle moi desfavorábeis.

.

A pesar de ser unha das maiores potencias petroleiras do planeta, fica no último do ranking de desenvolvemento humano da ONU, o número 94. Ten un 18% de analfabetismo, un 11.5% de paro recoñecido, enormes brechas en saúde pública e, servizos básicos. E a situación non tende a mellorar, senón todo o contrario. A discriminación de xénero na república islámica de Irán é durísima. Os homes poden divorciarse cando queren e asígnaselles a custodia dos menores de 7 anos. Poden prohibir ás súas esposas traballar fóra do fogar. O testemuño dunha muller na corte vale a metade que o dun home. Segue no código penal a pena de morte por lapidación para as mulleres que cometan adulterio. A muller que rexeite cubrir o seu cabelo pode ser encarcerada e recibir até 80 azoutes. O descontento social que estoupou nas recentes eleccións, denunciadas como fraudulentas polos principais opositores, e nas permanentes e valentes marchas de protesta a pesar da durísima represión dos Gardas Revolucionarios. Fronte á protesta, o réxime redobrou os encarceramentos, as torturas, as violacións sistemáticas de presos políticos, e agora anuncian que serán eliminadas das Universidades o ensino das ciencias sociais, por consideralas subversivas, porque promoven "as dúbidas e a incerteza".

.

Nese marco, a adxudicación das culpas a un "inimigo externo", un chibo propiciatorio, é un vello truco recorrente dos sectores máis reaccionarios da historia, é a opción que asume Ahmadineyad. En lugar de dar solucións, e democratizar a sociedade iraniana, incita ao antisemitismo delirante, nega o Holocausto que condenou todo o xénero humano, que na ONU creou un Día Internacional para a súa lembranza, berra pola destrución do Estado de Israel que declaro "non durará moito. A súa vida chegou ao fin". O xornal Al-Watan de Kuwait criticou a negación do Holocausto de Ahmadineyad como un esforzo para "desviar a atención" das revoltas internas en Irán. Hai xa que logo, preguntas inquietantes para exporse; como este réxime, que asasinou na rúa ante os ollos do mundo a Neda Agha-Soltan de 16 anos, que emprega forzas de choque para eliminar aos opositores, estudantes, dirixentes sindicais, intelectuais, que está "purgando" as Universidades, pode ter a solidariedade de sectores que se autocalifican de progresistas e de esquerdas?

.

Como o líder da ultradereita mundial na negación do Holocausto pode ser visto con simpatía por eses sectores falsamente autocualificados de esquerdas?

.

Como quen designou como Ministro de Defensa, a un dos principais acusados pola xustiza arxentina, pola masacre da AMIA (Asociación Mutual Israelita Arxentina), con orde de captura internacional de Interpol, pode ser unha referencia de ninguén que defenda as causas do progreso?

.

Nun mundo onde favorecidos pola crise económica rexurden os racismos e as xenofobia, todos aqueles que cren nos dereitos humanos, na democracia, na construción de sociedades xustas e en paz, deben alzar a súa voz para que Ahmadineyad e o réxime que representa non cometan de novo o asasinato de 6 millóns de xudeus, asasinando á súa memoria.

Comentarios