O GOBERNO ESPAÑOL EXPULSA A UNHA UNIVERSIDADE ISRAELÍ

.
A Escola de Arquitectura da Universidade de Ariel foi un dos 21 equipos internacionais seleccionados en abril de 2009 para participar no Decatlón Solar Europeo de Madrid-2010, a competición de arquitectura sustentábel é organizada polo Ministerio de Vivenda español e a Universidade Politécnica de Madrid. Os equipos participantes foran xa convocados a deseñar unha casa alimentada exclusivamente a través de enerxía solar. Co obxectivo de facilitar o traballo dos diversos equipos o Ministerio de Vivenda destinou unha partida orzamentaria que outorga 100.000 euros a cada un dos proxectos.
.
Axiña as organizacións españolas de pacifismo selectivo descubriron que unha Universidade israelí participaría e recibiría unha subvención pública española o que motivou que un grupo de organizacións, xunto cun grupo de profesores universitarios lanzasen unha campaña de Boicot co obxectivo de que o goberno español anulase a decisión, tal e como finalmente sucedeu. O Goberno español cedeu sen resistencia ás presions das organizacións pacifistas selectivas. E foi o Ministerio de Asuntos exteriores quen forzou a expulsión da Escola de Arquitectura israelí. O mesmo ministerio que hai unhas semanas falaba de platificar a visita de Rodríguez Zapatero por Oriente Medio seica coma "enviado" oficioso do presidente Obama...
.
Foi o Director Xeral de Decatlón Solar, Sergio Vega, profesor de arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid quen comunicou ao resto de participantes o pasado mércores 17 de setembro o motivo polo cal a parcela destinada á construción do proxecto israelí atoparase baleira: "A organización Solar Decathlon Europe lamenta profundamente comunicar a non continuidade na participación do equipo de Ariel University Center na competición. Este proceso non ten que ver en absoluto co alto nivel do seu traballo nin do seu proxecto. O equipo da Universidade de Ariel sempre destacou pola súa grande profesionalidade e rigor na súa participación. A decisión foi obrigada polo goberno de España e está baseada no feito que esta Universidade se atopa situada en Cisxordania.". O que parece non infliu na decisión discriminatoria española foi que esta Universidade teña alumnos xudeus e árabes israelís sen ningunha discriminación.
.
As reaccións non se fixeron esperar, na resposta da Universitario de Ariel onde se fai constar que "Queremos manifestar o noso malestar e o noso rexeitamento polo desprezo que recibimos do Ministerio de Vivenda española, en particular os estudantes xudeus e árabes que estudan xuntos na nosa Escola de Arquitectura". A Escola engadiu ademais que: "Isto é unha expresión política, discriminatoria e que está en contra do dereito internacional e as cartas internacionais sobre a liberdade académica, que son totalmente e unilateralmente violadas por esta decisión española. A Universidade de Ariel, xunto co Ministerio de Relacións Exteriores e a organización das universidades en contra do boicot académico, faremos todo o que estea nas nosas mans para combater esta lamentábel política académica claramente discriminatoria".
.
Ademais o Goberno español ven de recibir tamén a queixa do recoñecido profesor francés Pascal Rollet do Ecole Nationale Superieure de Arquitectura de Grenoble. Quen tamén fixo pública unha carta dirixida á Universidade israelí na que expresa que: "Non podo estar dacordo coa decisión española porque as actividades da Universidade de Ariel diríxense cara á excelencia académica e pola paz. Sírvanse recibir o meu máximo apoio nesta difícil situación".
.

Comentarios