Ano 5770: Mensaxe do Presidente de Israel
Con optimismo, o Novo Ano que está por comezar, estará marcado polo cumprimento das nosas aspiracións: o logro da paz, o aumento da seguridade, a promoción do crecemento económico, a salvagarda do futuro do pobo xudeu e afortalamento dos lazos entre Israel e os nosos irmáns xudeus da Diáspora. A oportunidade para lograr a paz está a chamar ás nosas portas e debe ser aproveitada, mesmo á conta de concesións dolorosas. A obstinada posición do mundo árabe en dicir "non" ás negociacións, "non" ao recoñecemento de Israel e "non" á paz, foi, hoxe, substituída por tres veces "si" á iniciativa saudita.
.
A comunidade internacional está entusiasmada en apoiar os intentos de facer avanzar o proceso de paz, e estou confiado en que, con esforzos concertados, a visión da paz total pode facerse realidade. Iso creará estabilidade, tranquilidade, seguridade e prosperidade para a nosa mocidade e os seus. As armas nucleares, en posesión de fundamentalistas extremistas, expoñen un perigo -non só a Israel- senón a toda a humanidade. Esíxese por parte da comunidade internacional unha ampla e consolidada postura contra Irán.
.
Prego por que, esa terrible ameaza, sexa erradicada de toda a humanidade e que o mundo poida gozar dunha nova era de paz e seguridade. A economía de Israel está a mostrar as primeiras faíscas de recuperación da crise económica global. Os signos de macro-economía son prometedores, e eses indicadores reflíctense nun ámbito crecente de investimentos, a industria de alta tecnoloxía está a revivir e as compañías de start-up están, outra vez, rexurdindo. Este é tempo de aproveitar a oportunidade, é tempo de investir en Israel en campos como a enerxía alternativa, a produción de auga, a infraestruturas de seguridade de fronteiras, as ferramentas educativas e relativas á aprendizaxe e investigacións en células nai. Iso constitúe o futuro e está nas nosas mans. É vital construír, cos nosos irmáns na Diáspora, lazos baseados en sólidos alicerces na sociedade e na educación.
.
En verdade, o rol da educación xudía na Diáspora non pode ser sobreestimado. Sirve como os mesmos ladrillos das pontes que conectan ás comunidades xudías no estranxeiro e Israel. Serve como termos do compromiso entre a nova xeración de xudeus e a nosa nación e como os banzos cara a unha maior conciencia do significado das relacións entre Israel e a Diáspora e servirá para preservar a nosa rica herdanza e tradición. O espírito de compañeirismo debe ser afianzado en cada área das relacións entre Israel e a Diáspora. Enfrontamos dramáticos desafíos, que outra vez, subliñan a necesidade de permanecer unidos en momentos de probas, responsables un polo outro, como ditaron os nosos Profetas. En verdade, a ameaza ao benestar das comunidades xudías no mundo equivale a unha ameaza ao mesmo Israel e, o destino do xudaísmo da Diáspora, está no mesmo núcleo do corazón de Israel.
.
Queridos Amigos, ao emprender este Novo Ano desexo transmitir os meus sinceros bos desexos a todo o pobo xudeu na Diáspora coa esperanza que sexa, para todos, un ano de alegría e boas noticias. E recemos polo regreso ao fogar dos reféns e soldados desaparecidos.
Shaná Tová Ou´Metuká!
Shimon Peres
Comentarios