CAROD-ROVIRA ACUSA A ICV DE TER XUDEOFOBIA


Carod-Rovira acusa ICV de ter "xudeofobia". O Vicepresident da Generalitat acusa aos ecosocialistas de que "ao paso que imos, pronto competiremos con Teherán no mapa da xudeofobia internacional".
O vicepresidente da Generalitat de Catalunya, Josep-Lluís Carod-Rovira, manifestou onte nunha entrevista concedida a RAC1 que "é lamentable que sexamos incapaces de manter o día da nosa festa nacional coa mesma dignidade política co que o fan todos os países do mundo. [...] Isto non é serio." "Ademais aquí hai outro problema que a min sinceramente deíxame completamente estupefacto. Estamos falando dunha cantante que non quere que continúe unha situación militar para resolver os conflitos. Máis alá de que nos compliquemos a vida poñendo un tema de política internacional como protagonista da nosa Diada, dame a impresión de que hai quen non sabe quen é Noa e que representa. Pero hai outra cousa que me preocupa aínda moito máis: estamos pondo a Barcelona no mapa internacional da xudeofobia e, ao paso que imos, pronto competiremos con Teherán", engadiu.
"Son rotundo porque é isto é daquelas cousas que, sinceramente, xa está ben. Que imaxe terá o mundo de Catalunya? Ás veces, teño a impresión de que o facemos cun nivel bastante importante de desinformación política sobre o que está pasando." "Non entendo nada. Somos un país, sinceramente, tal vez un chisquiño demasiado singular", lamentou, ademais de considerar "desconcertante e singular" que o Conseller de Interior sexa o líder de ICV, o partido que se posicionou en contra da actuación da cantante istaelí Noa e que promoveu os actos de boicot.
Tirado de E-Noticies

Comentarios