Por Sal Emergui
Tel Aviv 3 de setembro de 2009.
A rede arde. Ou como escribe unha palestina nunha mensaxe en Youtube: "Madonna, quéimate no inferno!". Víase vir. Tras enfundarse unha bandeira israelí en compañía da súa filla Lourdes ao final do seu concerto en Tel Aviv, unha espectadora dicíanos: "Madonna foi moi valente coa bandeira e apoiando a Israel, pero a van a machacala. Non é politicamente correcto apoiarnos". En varios vídeos gravados polos afortunados espectadores situados á beira do escenario e colgados en Internet vese a unha eufórica Madonna coa bandeira de Israel, entregada espontaneamente por un fan. A Raíña do Pop e princesa da Cábala -a mística xudía que segue desde hai anos- non o dubida e a levanta ante o delirio dos 60.000 seguidores. Unhas imaxes que non gustaron na rúa palestina, onde como no resto do mundo, Madonna é un referente. "Por que non che puxeches unha bandeira palestina? Vella cadela!!", critica outro enfurecido internauta. "Se tanto amas a Israel, preocúpate para que acabe a ocupación sionista. Por que non falas do sufrimento infinito dos palestinos?", pregúntalle un mozo de Ramallah nun dos forums abertos na rede a raíz do vídeo. O torrente de comentarios críticos -e tamén moi favorables- aumenta minuto a minuto. "Boicot!" esixe un internauta. "Madonna es a máis grande e valente", deféndea outro. Na súa longa estadia en Israel, Madonna tratou de non facer demasiada política á marxe da cea coa xefa da oposición, Tzipi Livni e a obrigada compensación cunha reunión mañá co primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu. Do conflito israelo-palestino, limitouse a desexar "a paz e harmonía nesta terra entre todos os pobos". O seu é a mística e a música. As súas dúas actuacións en Tel Aviv (martes e mércores) puxeron punto final á súa intensa xira mundial Sticky and Sweet. Máis de 100.000 israelís encheron as dúas noites do Parque Hayarkón no que moitos comentaristas locais definen como "a actuación musical máis grande na historia de Israel". Noutro xesto que provocará máis reaccións, Madonna despediuse onte á noite entre bágoas dos israelís: "Non podía pensar un lugar mellor para acabar a miña xira. Son a máis afortunada do mundo. Neste país naceron algunhas das persoas que máis amo no mundo. Sinto que é un momento histórico e non quero que acabe. Vou perpetuar cada minuto, espero que vostedes tamén". Habib, un palestino de Tulkarem, resume por teléfono a rabia palestina: "Moitos están enfadados simplemente porque non puideron vela en directo, como os israelís, a Madonna. Outros non entenden porqué non dixo nada en solidariedade por exemplo cos refuxiados palestinos. Pero non hai que esaxerar, trátase só dunha cantante". Cantante, nai e mística muller de 51 anos que segue arrastrando bandeiras e paixóns.
El Mundo - 03.09.09
Comentarios