UNHA SEREA EN KIRIAT YAM

É sabido que un dos síntomas da insolación ou dos golpes de calor son as alucinacións debido ao extremo quecemento da cortiza cerebral. É un comportamento certamente común en individuos sometidos ao rigor das altas temperaturas. O que até o momento era descoñecido é que as altas temperaturas poderían facer divagar de forma masiva a comunidades enteiras. Na cidade costeira israelí de Kiriat Yam, no norte do país, centos de persoas aseguran ter visto a unha serea. Oops! Epa! Ah a a! Si, señores e señoras.
.
E o mellor de todo é que a cidade ofrece un millón de dólares para quen poida fotografala e comprobar así que realmente existe! Se isto non é unha excelente campaña de turismo, entón que é? Se até o portavoz do Concello de Ramat Gan faise notario e di que "moitas persoas dinnos que están seguros de ter visto unha serea. O certo é que as persoas non se coñecen entre si". Os insolados afirman que trátase dunha "figura feminina que parece unha muller nova, metade peixe, metade humana e que salta coma un golfiño. Fai todo tipo de trucos e logo desaparece". Cazadores de recompensas, comecen cos seus programas de edición fotográfica a trucar e logo a cobrar. Iso si, se cobran non se esquezan dos amigos.
Shavúa tov!

Comentarios

Sr. J dixo…
Só uma cousinha: não é "sirena", senão serea ou sereia... :-)