Cando o xoven polaco Agnes Hruza, de 19 anos, apareceu asasinado a finais do século XIX, culparon da morte a un xudeu chamado Hilsner. A raíz diso, por todo o país circulou esta postal, na que se representa a súa morte coma un asasinato ritual xudeu. Éste consistiría en desangrar a un inocente para beber logo o seu sangue. A idea de que os xudeus cometen asasinatos para roubarlle ás súas vítimas o seu sangue ou os seus órganos é algo que vense repetindo dende o século XII, co proceso pola morte de William de Norwich. Esta primeira acusación tivo lugar en Inglaterra, pero axiña espallouse por toda Europa, sendo a versión española máis extendida a do Santo Neno de La Guardia, ao que segundo acusou o Tribunal da Inquisición se lle arrincara o corazón. Estas lendas serviron ao longo do séculos para xustificar os frecuentes ataques contra as comunidades xudías: roubos, asasinatos e violacións quedaban así lexitimados porque previamente se creara unha imaxe deformada dos hebreos, co que os crimes que se cometían contra deles, presentábanse en realidade, coma un acto de xustiza popular.
.
Por iso cando en pleno século XXI, aparece publicada unha nova coma a do xornal sueco non fan falla probas nin testemuñas nin nada, porque logo de tantos séculos repetíndose machaconamente xeración tras xeración as mesmas historias todo o mundo sabe que os xudeus asasinan a nenos para roubarlle os seus órganos e beber o seu sangue. Evidentemente, todo isto trátase dunha crítica lexítima contra o sionismo/imperialista/xenocida.
Comentarios