Un novo caso dunha muller iraní, Sakineh Mohammadi, condenada a morte por lapidación. O seu crime "adulterio". Anteriormente recibiu xa 99 lategazos por "manter unha relación ilícita". Coma ten sucedido noutros casos, o xuizo foi unha farsa sen as mínimas garantías. O avogado de Sakineh pediu á Comisión de Amnistía e Indulto iraní que revise a súa causa. Se esta comisión rexeita a súa demanda, Sakineh será entón lapidada. Por moito que se repitan estes abusos contra os dereitos Humanos, contra o dereito á vida, non podemos nin debemos resignarnos. Todo o contrario, debemos esixir ás autoridades iranianas que non executen a Sakineh e que suspendan todas as execucións por lapidación.
.
Desde GZ-Israel facemos un chamado para que reenvíes esta mensaxe a todas as persoas que poidas. As nosas voces unidas poden e deben deter as pedras e salvar a súa vida. Non é a primeira vez que grazas á presión internacional foron conmutadas condenas a lapidación na república islámica de Irán e lamentablemente non será a derradeira.
Comentarios