A rúa Shoshan da capital israelí será transformada nunha galería para 50 artistas, como parte dun proxecto de verán do Concello de Jerusalém.
Ao redor de 50 artistas da pintura, da escultura, dos grafitis, de vídeo e son comezarán unha exhibición conxunta o vindeiro venres e transformarán a rúa Shoshan de Jerusalem nunha gran galería das artes. A exhibición, denominada "Obxectivos Orgánicos", mostrará as modificacións de portas e tubaxes e será testemuña de obras de arte realizadas sobre a mesma rúa, nun proceso que durará varios meses. Entre os artistas que participarán do proxecto atópase o fotógrafo Yoram Amir, os pintores Ido De la Vega e Oded Ziedel e as artistas de vídeo Itamar Paluga, Dorit Megidor e Rina Peled. A mostra é parte das actividades promovidas polo goberno de Jerusalem. Incluirá actuacións en vivo de artistas locais e coñecidos DJ. O acceso será libre e gratuíto.
Comentarios