Madonna pretende visitar o campo de Auschwitz-Birkenau cos seus fillos após o seu próximo concerto en Polonia, según informa o xornal Haaretz. Segundo o ‘Haaretz" a decisión de realizar esta viaxe que implicaría un "cambio na miña vida" foi feita logo de intensas conversas da cantante co seu íntimo amigo, o rabino Michael Berg do "Kaballah Center". "Non será desde logo unha viaxe fácil, mais é unha experiencia positiva para reafirmar a vida, e algo que Madonna - debido a súa forte crenza na Kaballah - non pretende ignorar" informou unha fonte próxima á cantante citada polo xornal israelí.
"Ela quere que os seus fillos aprecien o afortunados que son e que aprendan sobre os erros cometidos pola humanidade no pasado". Segundo a reportaxe Madonna tamén ten previsto levar aos seus fillos a visitar o Muro Occidental en Jerusalém. Afirma Madonna: "o Muro das Lamentacións é un lugar sagrado para calquera persoa con ligazós coa fé xudía e eu quero que os meus fillos vexan e coñezan o significado do Muro". A visita ao Kotel terá lugar o vindeiro setembro para así coincidir co remate das dúas actuacións que Madonna ten programadas en Tel Aviv.
Comentarios