"A FAVOR DE ISRAEL" DE ALAN DERSHOWITZ EN DVD

Unha producción de CAMERA e REVISTA DE MEDIO ORIENTE:
.
"A favor de Israel" é un documental contundente e imprescindíbel baseado no libro de Alan Dershowitz, "The Case for Israel". Este documental único no seu xénero e gañador de múltiples premios internacionais, foi agora por fin subtitulado ao español e pode xa ser adquirido.
.
"A favor de Israel" analiza en detalle e obxectivamente o labor da demagoxia antiisraelí nas súas constantes acusacións sobre as responsabilidades do Estado israelí no conflito cos palestinos. O documental remarca como este grupo de "acusadores antisionistas" descoñece -ou non quere recoñecer- as importantísimas concesións que leva realizado o Estado de Israel a prol dunha resolución pacífica do conflito, así como as persistentes ameazas terroristas que sofren os cidadáns israelís a cotío. A través de entrevistas claras e sen tapuxos con infinidade de líderes políticos, universitarios e xudiciais clave, Dershowitz refuta as falsas percepcións profundamente enraizadas sobre a historia de Israel, o dereito xudeu a autodeterminación, a ter un Fogar Nacional, os dereitos democráticos dos cidadáns sob o sistema democrático israelí de goberno, o porque do valado de seguridade, e a resposta e guía de conduta das Forzas de Defensa de Israel (IDF) fronte a ameaza terroristas.
.
En definitiva, un documental imprescindíbel para entender todas as claves do conflito árabe-israelí.
.
Para máis información:
informacion@revistamo.org
http://www.thecaseforisrael.com/shop/index.html

Comentarios