Manuel Reyes Mate é profesor e investigador do CSIC. Realizou estudos en Francia, Italia, Alemaña e España e un dos máis destacados investigadores do proxecto "Filosofía despois do Holocausto", unha reflexión filosófica contemporánea sobre se é posible seguir falando de moral, de política ou de ciencia após o horror e a violencia nazi, após "Auschwitz". Neste pequeno video Manuel Reyes Mate fálanos de responsabilidade e da necesidade de facer memoria para poder facer xustiza. Da necesidade de facer visibles ás vítimas e erradicar unha lóxica de progreso inxusta que, asegura, sigue ainda viva.
Comentarios