LEMBRAR


Traducción ao galego da viñeta (para ampliala pica na imaxe):

-Señor, teño que dicirlle que a tatuaxe que ten no brazo é ben aburrida, son soamente números...

-Direiche, cando mo puxeron eu tería a túa idade e non o tirei para que fique como recordo.

-Ahhh... para lembrar tempos lindos de cando era un neno.

-Non... para lembrar un tempo en que o mundo volveuse tolo. Imaxínate estar nun país onde os teus propios concidadáns seguen a voz dos extremistas políticos a quen non lles gusta a túa relixión. Imaxínate que che quiten todo o que é teu, que manden á túa familia a un campo de concentración onde teñan que traballar como escravos e logo, sistematicamente, asasínanos. Nese lugar quitábanche até o nome e púñanche un número tatuado no teu brazo. Iso chámase o Holocausto, cando millóns de persoas morreron porque eran doutra relixión.

-Así que Vostede deixou o número para lembrar os perigos do extremismo político?

-Non, pequena. deixeino para lembrarcho a ti.

Comentarios