ISRAEL ASÓMASE A HISTORIA

Ram e Erlich aseguran o pase de Israel a semifinais da Copa Davis


Israel avanzou hoxe por vez primeira a semifinais da Copa Davis despois de que Andy Ram e Jonathan Erlich gañasen por un contundente 3-0 aos dobres campións rusos nos cuartos de final no Nokia Area en Tel Aviv. Andy Ram e Jonathan Erlich impuxéronse a Igor Kunitsyn e Marat Safin en 3 horas e 51 minutos de partido, cun resultado de 6-3 6-4 6-7(3) 4-6 6-4. O xogo do equipo e a paixón da afección local, que abarrotaba a mítica cancha de xogo do Macabi de Tel Aviv, nunca foran tan intensos. Con capacidade para 12.000 espectadores, os corazóns dos afeccionados no Nokia Arena latexaron ao unísolo durante os partidos. Ram e Erlich parecían dominar o partido cando Ram estaba preparado para sacar durante o partido cun resultado de 6-4, 6-2, 5-4 pero rompéronlle o servizo e desde ese intre Safin e Kunitsyn fixéronse co control do partido e melloraron o seu nivel para que a rolda permanecese viva con posibilidade de xogar a final o domingo.
.
A alegría do capitán
.
"Non son capaz de describir como me sinto. Estou moi orgulloso de ser un israeli, de formar parte deste equipo, orgulloso de formar parte deste deporte e da Copa Davis, foi unha rolda clásica", manifestou o capitán de Israel Eyal Ran. Ran dixo que tiña confianza en que os seus xogadores gañasen o partido "Sentía que estaban a xogar con superioridade aos rusos, co que estiven seguro que podían conseguilo, e o publico dáballes a enerxía suplementaria que necesitaban nos momentos craves". Ran agarda que Alemaña consiga vencer ao equipo español xa que así Israel tería o facto cancha ao seu favor nas semifinais. "Espero que Alemaña gañe e podamos xogar en casa de novo, todo é posible cando xogas en casa", afirmou.
.
O vencedor Ram rompe en lagrimas de alegría.
.
"Por primeira vez non teño nada que dicir, normalmente non paro de falar" e empezou a chorar coma un neno pequeno. Erlich di que a vitoria é a mellor que conseguiu até agora "Sintome moi ben, foi a mellor vitoria que logrei despois de que o equipo gañase en Suecia, díxenme a min mesmo que tiña que estar aquí, na mellor forma e estou moi contento de lograr isto e de xogar hoxe como nunca o fixen", di Erlich. Desta forma, a rolda conclúe sen disputarse as roldas individuais de mañá no que xogaban Sela contra Andreev seguido de Levy contra Youzhny. A rolda conclúe cos dous partidos de exhibición de individuais o domingo, reducidos a 3 sets. O primeiro protagonízano Sela e Andreev, seguido por Levy contra Youzhny. Israel enfrontarase ao gañador do grupo de cuartos de final entre España e Alemaña o vindeiro mes de setembro (do 18 ao 20).

Comentarios