INVERNADOIROS ISRAELIES


Acerca de Netafim

Pioneira e líder nas áreas de rega por goteo e invernadoiros, Netafim é unha das compañías máis prominentes do mundo en agrotecnoloxía. Desde o principio, a empresa centrouse no recoñecemento de problemas e o desenvolvemento de solucións. Esta aspiración impulsa os esforzos incesantes que inviste Netafim por mellorar a cantidade e calidade das colleitas, así como na xestión dos vitais recursos hídricos. En cifras, a actividade representa 350 millóns de euros anuais en vendas, 12 plantas de fabricación en 8 países, 30 subsidiarias e unha notoria presenza mundial con distribuidores en máis de 110 países. Durante máis de 40 anos combinaron o profundo coñecemento das condicións rexionais que teñen coa pericia e a enxeñaría propias de Netafim no desenvolvemento das solucións óptimas para os invernadoiros.
.
Os seus técnicos traballan en estreita colaboración cos agricultores, a fin de implementar proxectos de rega modulares e rendibles en todo tipo de clima e terreo. Netafim, unha verdadeira corporación multinacional, traballa nun marco de cooperación con organizacións financeiras e non gobernamentais (ONG) internacionais para axudar aos produtores no exame das opcións de financiamiento para os seus proxectos de rega.
.
Un compromiso co agricultor
.
Xa se trate dun proxecto chave en man, sistemas de control e monitoreo ou equipos especializados de rega para invernadoiros, Netafim asume o compromiso de fornecer todo o necesario para obter colleitas rendibles e de alta calidade. En todo proxecto de Netafim cultívanse tamén os beneficios dos seus coñecementos, experiencia e presenza mundial:

Agro-experiencia: 28 subsidiarias no mundo enteiro supervisan unha variedade de proxectos de invernadoiros en marcha, achegando o seu profundo coñecemento das condicións do mercado, o cultivo e o clima na rexión.

Agro-economía: Netafim Invernadoiros preocúpase polos resultados finais desde as primeiras etapas da planificación, axudando na elaboración de estudos de factibilidade económica e agronómica, antes da compra dos equipos.

Agro-ciencia: Desde a planificación até a colleita, e coa axuda de máis de 50 enxeñeiros agrónomos, Netafim ofrece asesoramento agronómico e un apoio xerador do crecemento.

Agro-tecnoloxía: Despois de escoller a solución máis acaída para o invernadoiro, Netafim trae ao proxecto as capacidades comprobadas dos seus profesionais nas áreas de construción e integración, alí onde sexan necesarias.

Comentarios