"EU, NAZI"


Por Cesar Casal
.
Jonathan Littell, o escritor que espiu á besta que todos levamos dentro por moi exquisitos que parezamos no seu libro "Las benévolas" (premio Goncourt 2006), non sabe tirar sen bala. Publica agora en castelán un opúsculo anterior ao seu gran éxito, "lo seco y lo húmedo", no que utiliza as palabras dun nazi belga para demostrarnos outra vez que o monstro non deixa de ser humano. Este libro é un ensaio breve e anterior na súa escritura á súa gran obra de ficción. Aquí recupera as palabras do axitador León Degrelle, personaxe real que chegou a ser considerado o fillo belga de Hitler, para facer unha exacta radiografía do "Eu", nazi.
Degrelle foi condenado á morte polo seu país e refuxiouse en España, tras a campaña de Rusia, para vivir protexido por Franco. Morreu na súa cama, no 94, con moitos anos de democracia no noso país, como tantos outros asasinos nazis. Esta xoia do horror brilla no bulleiral inmenso de Rusia, que foi o que derrotou ás tropas alemás, como conta Littell que narrou Degrelle. O belga pousou case ate o final dos seus días co seu uniforme e as súas medallas. Orgulloso das súas matanzas. Porque o nazi mata para eliminar ao bárbaro, que asocia sempre ao podrecido, ao infecto, fronte á civilización pura, transparente do ario. Este pequeno traballo demóstranos que a propaganda é a gasolina das guerras. E cega tanto como feden os mortos que deixa. «A cultura non nos protexe de nada. Os nazis son a proba».

Comentarios

Boa noite.

Estou a fazer um blog sobre as tradições e cultura judea no país Leonés, e gostaria de fazer uma ligação ao seu blog:

http://www.llionxudiu-leonjudio.blogspot.com/


Gosto muito do seu trabalho.

Cumprimentos, e parabens!!
Por suposto que podes. Grazas. Nós poremos a túa ligazón tamén.