POR QUÉ OBAMA ESTÁ EQUIVOCADO SOBRE ISRAEL E A SHOÁH?


.
O venres, o Presidente Barack Obama colocaba unha solitaria flor branca no monumento conmemorativo de Buchenwald, onde calcúlase que 43.000 persoas - entre elas 11.000 xudeus – foron asasinadas nese campo de concentración. En ton moderado, Obama sinalou que o paso do tempo non conseguira que os crematorios perdesen todo o seu horror. Falou dun tío seu, que baixo o mando do xeneral Dwight Eisenhower foi un dos libertadores do campo. Contou como Eisenhower percorreu o campo para poder desafiar persoalmente a calquera que puidese afirmar que os Aliados esaxeraran os horrores nazis con fins propagandísticos. Obama tamén se deu outra nova oportunidade para declarar que a negación do Holocausto é algo "sen fundamento", que demostra "ignorancia" e que resulta "odioso". Na súa declaración no Cairo, efectuada o día anterior e dirixida ao mundo árabe e musulmán, o presidente Obama xustificou o dereito de Israel a existir sobre a base do Holocausto: "A aspiración dunha patria xudía ten as súas raíces nunha tráxica historia", que culminou na Shoah. En Buchenwald, dixo: "A nación de Israel [xorde] da destrución do Holocausto". Xustificación que, de por si, proporciona as condicións para que Obama afirme: "Doutra banda, tamén é innegable que os palestinos... sufriron na busca dunha patria". Barack Obama foi terriblemente mal informado se pensa que a lexitimidade de Israel depende da Shoah. Por suposto, se os xudeus tiveran acadado un fogar nacional en Palestina antes do estalido da Segunda Guerra Mundial -como prometeu a Gran Bretaña en 1917 na Declaración Balfour e como reafirmou a Sociedade de Nacións en 1920- as portas dese país non se pecharían para todos aqueles refuxiados xudeus que buscaban escapar da maquinaria asasina nazi. A historia tería sido moi diferente en realidade.
.
O que o Holocausto demostrou é que o mundo é un lugar demasiado perigoso para que os xudeus sexan apátridas e estean indefensos. Pero nós, os sionistas, xa sabiamos a verdade dese argumento, moito antes de que Hitler chegase ao poder. Certamente, o sionismo político moderno desenvolveuse a finais do s. XIX e principios do s. XX. Pero o presidente ten que apreciar e comprender que a lexitimidade de Israel non depende das consecuencias da guerra contra os xudeus entre 1933 e 1945. Está arraigada, ante todo, na conexión histórica do pobo xudeu á Terra de Israel. O movemento sionista rexeitou Uganda como un refuxio seguro en 1903, aínda na necesidade de salvar aos xudeus do violento antisemitismo, e foi porque Uganda non pertencía aos xudeus. Sen embargo, se un desexa entender a civilización xudía -por medio da historia sagrada ou a través das modernas lentes da historia secular e a arqueoloxía- a antigua unión entre os xudeus e a súa terra resulta indiscutible. No 1.000 a.C., as doce tribos formaran unha monarquía unida. Entón, cando no 586 a.C. as xudeus foron derrotados e exiliados, "Nos ríos de Babilonia... alí onde nos sentaremos..., si, choraremos cando lembremos Sión". Pero regresamos e reconstruímos a nosa comunidade, aínda que só para ser derrotados e exiliados de novo, no ano 70 d.C. Pero xa no s. IX os xudeus restableceran as comunidades en Tiberias e, no s. XI, en Gaza. Como pode ver, Sr. Presidente, moito antes de que a Cristiandade e o Islam aparecesen no escenario mundial, a alianza entre o pobo de Israel e a Terra de Israel era firme e arraigada. Todos os días rezabamos na nosa antigua lingua polo noso regreso a Sión. Todos os días, señor Presidente. Desde hai 2.000 anos. En cada casamento xudeu, a través dos séculos, o noivo esmaga cos seus pés uns vidros mentres declara: "Se me esquezo de ti, oh Jerusalém ..."Quizais sexa porque Palestina nunca foi soberana baixo o dominio dos árabes que os palestinos moderados nunca puideron atopar nos seus corazóns o recoñecemento da profundidade da relación dos xudeus con Sión.
.
Ao contrario , aínda insisten en que somos uns intrusos. Cando Obama dá a entender que os dereitos dos xudeus están baseados esencialmente no Holocausto - sen afirmar nin facer valer nin unha soa vez que son moitos, bastante máis profundos e máis antigos - está condenando as perspectivas de paz. Por que deberían reconciliarse os árabes coa presenza dun estado xudeu formando parte da rexión se o presidente dos EEUU continua insinuando que Israel foi creado para expiar os crimes de Europa?

Comentarios