O BO ANTISEMITA: MIHAIL BAKUNIN


“ Marx é un xudeu e está rodeado por un fato de pequenos, medianamente intelixentes, astutos, áxiles e especuladores xudeus, así como os xudeus son en todas partes axentes bancarios e comerciantes, escritores, políticos, correspondentes de periódicos de todas as tendencias políticas; en poucas palabras, corredores literarios así como son corredores da Bolsa, cun pé na Banca e o outro no movemento socialista, e cos seus traseiros sobre a prensa alemá. Apoderáronse de todos os xornais e xa se poden imaxinar a nauseabunda literatura que producen. Agora, todo este mundo xudeu, que constitúe unha seita explotadora, un pobo de samesugas, un parasito voraz, próximos e intimamente conectados o un co outro, sen importar non só as fronteiras senón tampouco as diferenzas políticas.
.
Este mundo xudeu está hoxe ao dispor de Marx ou de Rothschild. Estou seguro que, por unha banda, os Rothschild aprecian os méritos de Marx e pola outra, Marx sente unha inclinación instintiva e un grande respecto polos Rothschild. Isto pode parecer estraño. Que poderían ter en común o comunismo e as altas finanzas? Oh, Oh! O comunismo de Marx busca un forte estado centralizado, e onde iso exista debe, inevitablemente, existir un Banco Central estatal, e onde isto exista alí a parasitaria nación xudía -que especula co traballo do pobo- atopará o medio para a súa propia existencia. En realidade isto significaría para o proletariado un réxime de cuartel, baixo o cal os traballadores e traballadoras -convertidos nunha masa uniforme- ergueríanse, irían durmir, traballarían e vivirían ao compás dun tambor; o privilexio de conducir ficaría nas mans dos técnicos e educadores, cun amplo campo para os negocios proveitosos realizados polos xudeus, que serían atraídos pola enorme extensión das especulacións internacionais dos bancos nacionais ".

(Polámique contre tre lles ./uifs, Paris, 1872).

Comentarios