NOVAS DE URXENCIA


> O VI Cumio anual da Conferencia Báltica de Ministros de Agricultura e Pesca reunida en Vilna (Lituania) fixo público "un chamamento urxente aos Reinos de España e Marrocos para que avancen no camiño da soberanía compartida de Ceuta e Melilla" así como tamén "na declaración de zona internacionalizada baixo tutela de Nacións Unidas do illote de Perejil".
.
> No XIX Convención de deseñadores de interiores en mobles de madeira, que tivo lugar os pasados días 3 e 4 de Xuño en Aukland (Nova Zelanda) foi aprobada por unanimidade unha declaración final na que se ista ao Estado español "á devolución inmediata a Portugal dos territorios ocupados na comarca fronteiriza de Olivença".
.
> A LXIX reunión anual de catequistas voluntarios polacos, celebrada a pasada semana en Varsovia (Polonia) ven de dirixir unha carta aberta ao Santo Padre, á UNESCO e a FIFA na que se demanda "a declaración de Santiago de Compostela (España) como cidade santa da Cristiandade" e xa que logo, "a súa posta baixo soberanía do Vaticano da Catedral e Cidade Vella".
.
> Miguel Angel Moratinos, Ministro de Asuntos Exteriores do Reino de España declara que Xerusalén debe ser "cidade dividida"... "capital compartida e compartillada"...

Comentarios