INNOVADORA PRANTA DE ENERXÍA SOLAR NO KIBBUTZ SAMAR (EILAT)

Podería tratarse ben dunha imaxe tirada dunha película de ciencia ficción, pero non. Esta flor solar (torre) é a primeira en combinar enerxía solar de concentración cunha micro-turbina híbrida que asegurará a producción ininterrumpida de electricidade durante as 24 horas do día, sen necesidade de conexión algunha á rede. A instalación estase a levar a cabo no Kibbutz Samar e porase en marcha en moi poucos días (o vindeiro 4 de xullo). Ocupa unha superficie moito menor que moitos sistemas similares e produce enerxía dabondo para abastecer a 70 fogares. Durante o día, 30 heliostatos seguen a posición do sol e concentran a radiación no máis alto dunha torre de 40m para convertila en enerxía termosolar. A torre tamén alberga unha mini-turbina que funciona tanto con enerxía termosolar coma con biodiésel, gas natural ou biogás cando cae a noite.

Este sistema híbrido inicialmente pensado para os kibbutz en Israel, podería instalarse perfectamente en pequenas comunidades e poboacións que non teñen subministro de enerxía eléctrica. Polo momento, AORA, a empresa israelí que desenvolveu o proxecto, trata de exportar este sistema fóra de Israel en países con similares características. A inauguración oficial, coa presenza das máis altas figuras do goberno e dos medios de comunicación, terá lugar o vindeiro 4 de Xullo no kibbutz Samar moi perto de Eilat.

Comentarios