Alemaña: "A comunidade musulmá ten que se afrontar ao seu antisemitismo", "Alemaña debe se afrontar seriamente ás tendencias antisemitas da comunidade musulmá". Quen se atopa detrás destas declaracións é precisamente un musulmán-alemán de orixe turco, líder do Partido Verde, Cem Özdemir. Özdemir fixo estas claras afirmacións nunha entrevista outorgada ao diario alemán Frankfurter Rundschau. "Lamentablemente temos que recoñecer a presenza dun espírito antisemita no pensamento da poboación non só entre os representantes da extrema dereita ou os da esquerda "antiimperialista", senón tamén entre os membros da colonia musulmá, especialmente entre os homes árabes e os mozos turcos e curdos". Özdemir, o primeiro dirixente do partido Verde de orixe turco, dixo que eses mesmos mozos, sentense periféricos na sociedade alemá e trasladan o conflito entre Israel e os palestinos a Alemaña, poñéndose de parte dos palestinos. "Os dirixentes musulmás-alemáns deben marcar unha liña vermella e deixar en claro que quen exprese ideas antisemitas non pode nunca estar autorizado a representar á comunidade". Segundo Özdemir, "son os educadores os que deben tratar o tema coa debida profundidade e honestidade". Nunha investigación de 2007 levada a termo polo Ministerio do Interior de Alemaña revelou que os estudantes musulmás son moito máis antisemitas que outros estudantes. Un 16 % deles estiveron de acordo coa frase "os xudeus son petulantes e cobizosos". Os estudantes musulmás identificáronse tres veces máis que os estudantes alemans con esta frase.
Fonte: http://www.omedia.co.il/
Comentarios