APOIO PARA O MOVEMENTO REVOLUCIONARIO IRANIANO


.

Por Maryam Namazie, Mina Ahadi, Fariborz Pooya, Bahram Soroush, Mahin Alipour, Afsaneh Vahdat, Abe Asadi, Farshad Husseini, Farideh Arman, Karim Shahmohammadi e Fereshteh Moradi

.
Pobos do mundo. Somos os vosos veciños, amigos, amantes, colegas e compañeiros. Coñecédesnos. Vivimos xuntos e loitado xuntos, polos dereitos laborais, contra a Sharia, polos dereitos civís, polo dereito de asilo, contra as lapidacións e as execucións, contra o relativismo cultural, contra as escolas confesionais e contra as leis que perseguen a apostasía; loitamos xuntos pola liberdade de expresión, o laicismo e o racionalismo, contra o Islam político e contra o militarismo de Estados Unidos.

.

Hoxe en día, a nosa revolución -a que estivemos preparando e agardando- comezou en Irán. Necesitamos que que nos apoiedes con todas as vosas forzas. A batalla que se desprega nas rúas de Irán non xira ao redor da farsa das eleccións, aínda que iso é o que os medios de comunicación occidentais queren que pensedes. Todo o mundo sabe que en Irán non hai verdadeiras eleccións. De feito, o pobo está a aproveitar a intensificación das loitas entre as faccións do réxime para alzar as súas propias reivindicacións. Do mesmo xeito que o resto de nós, queren o fin do réxime islámico. E ten que acabar.

.
Trinta anos de medievalismo e a brutalidade son demasiado. Polo menos, unha cousa está clara. Xa comezou o movemento que vai dobrar os xeonllos do actual réxime iraniano e a pór fin á dominación internacional do movemento islamita. O teu apoio e solidariedade fortalecerá este movemento revolucionario. Manifestádevos e condenade ao réxime e á súa brutalidade, exercede presión sobre os gobernos occidentais para illar politicamente ao réxime. Unídevos connosco fronte ás embaixadas do réxime islámico en todo o mundo para pedir que sexan pechadas. Esixide o enxuizamento de todos os implicados nos asasinatos, a liberación inmediata de todos os detidos e presos políticos, o recoñecemento incondicional da liberdade de organización, folga e protesta, o fin do veo obrigatorio, un salario digno e o fin do apartheid sexual.
.
Envía as túas mensaxes dirixidas a quen están a se rebelar en Irán, para que poidamos lelos no noso New Channel TV 24 horas .http://www.youtube.com/user/WPITV Apóianos e apoia ao noso partido, o Partido Comunista Obreiro de Irán. Resalta das nosas palabras: como ocorreu co apartheid racial na antiga Sudáfrica, un réxime de apartheid sexual pode ser relegado ao lixo da historia.

O futuro é noso!!

Comentarios