Delara Darabi, pintora iraniana de 23 anos de idade, foi executada na prisión de Rasht (Irán). Ninguén o esperaba, pois a pena capital, segundo anunciaran as autoridades iranianas, estaba en "suspenso" durante dous meses: a execución marcada para 20 de abril pasado fora adiada en razón de presións internacionais e a posibilidade de acordo na indenización aos familiares da vítima (forma de extinción da pena de morte). Unha filla da vítima, Hayedeh Amir-Eftekhari, negouse a perdoar a Delara Darabi: a vítima tiña cinco fillas e Hayedeh era a única a non aceptou trocar a pena capital por unha sanción indenizatoria. O goberno, pola súa banda, non concedeu a clemencia a Delara Darabi e tampouco converteu a pena capital en pena de prisión.
O certo é que a pena capital foi suspensa por apenas dez dias. Seguramente para baixar a presión internacional e evitar que o presidente Ahmadinejad fora hostilizado no discurso de abertura da Conferencia da ONU sobre racismo, que tivo lugar a semana seguinte á suspensión da pena capital. Nin este venres, –dia sagrado para os islámicos–, evitou a barbarie, ou sexa, a aplicación de un homicidio-legal. Non hai, ainda, detalles sobre a forma de execución. Estaba previsto, cando ocorreu a suspensión, o enforcamento en local aberto ao público. E o corpo pendurado en guindaste ficaria en exposición, como sempre acontece na república islámica de Irán.
(Fonte: Blog do Walter Maierovitch)
Comentarios