CARTA DE CONGRESISTAS AMERICANOS A ZAPATERO


Congreso dos Estados Unidos
Washington, DC 20515
1, Maio, 2009

Honorábel José Luis Rodríguez Zapatero
Presidente de España
Complexo de La Moncloa
Avda. Puerta de Hierro s/n.
28071 Madrid
España
.
Prezado Presidente Zapatero:

Como membros do Congreso dos Estados Unidos que apoiamos estreitas relacións España-EUA, desexamos expresar as nosas preocupacións no que ten a ver co crescimento do anti-semitismo na España. Como socio democrático e aliado dos Estados Unidos, acreditamos firmemente que vocé e o seu goberno deberían tomar medidas inmediatamente para denunciar e combater o anti-semitismo na España.
.
Como probabelmente teña coñecimento, o Proxecto de Atitudes Mundiais de 2008 do Centro de Pesquisas Pew (Pew Research Center) documentou como o sentimento antixudaico está en crescimento en muitos países na Europa, mais a situación é "particularmente dramática na España, onde os pontos de vista desfavorábeis aumentaron máis do dobro durante os tres últimos anos, pasando de 21% en 2005 para 46% no inquérito actual.
.
Nun inquérito de 2007 levado a cabo pola Liga Antidifamación (ADL), 60 por cento das persoas inqueridas na España responderon que os xudeus son máis leais a Israel do que à España, 53 por cento acreditaban que os xudeus teñen demasiado poder no mundo dos negocios, 68 por cento acreditaban que os xudeus teñen demasiado poder mercados financeiros internacionais e 46 por cento responderon que os xudeus ainda falan demasiado sobre o que lhes aconteceu no Holocausto.
.
Os relatorios do Pew e da ADL indican un perturbador alto nível de sentimento anti-semita, e levanta serias preocupacións acerca da seguranza da comunidade xudía na España, a qual durante anos ten denunciado ás autoridades españolas aspectos desconcertantes, incluindo incidentes de hostilidade verbal, vandalismo contra sinagogas e institucións da comunidade xudía, ben como un aumento do sentimento anti-semita no discurso público e nas concentracións púclicas, como os eventos esportivos.
.
Estamos tamén profundamente preocupados pola continuada retórica anti-semítica nos media españois, o cal sen dúbida fai impacto na percepción pública na España e contribui para a intolerancia e demonstracións de odio. Ainda que comprendemos que poidan existir críticas lexítimas ao goberno de Israel e á súa política, estamos preocupados porque a imprensa dominante, particularmente prestixiosos xornais como El País, que desfrutan de proxección por todo o mundo de fala española, estexan de maneira insistente a publicar artigos e caricaturas condicentes cos burdos boatos e estereotipos anti-semitas. Alén diso, estamos preocupados por relatorios que indican que funcionarios das Illas Baleares están investir fundos públicos para a a publicación de materiais para a infancia que conteñen caricaturas e sentimentos anti-semitas. Esta inaceitábel retórica anti-semita, envolvida no disfarce do sentimento anti-israelita, é perigosa e reforza os estereótipos negativos dos xudeus na España e internacionalmente.
.
O Departamento de Estado dos EUA tamén documentou as preocupacións da comunidade xudía na España nos seus relatorios de 2005 e 2008 sobre o Anti-semitismo Mundial. Infelizmente, os indicadores actuais suxeren que a animosidade contra os xudeus non diminuiu. De facto, medrou para novos máximos. Se esta situación non é encarada nos altas esferas gobernamentais, tememos que a situación podería derivar en violencia contra a comunidade xudía na España.
.
Presidente Zapatero, eloxiamos o seu liderado no estabelecimento da Casa Sefarad e a Fundación Pluralismo y Convivencia e polo envolvimento da España na Equipe de Traballo para a Educación Internacional sobre a Educación, Lembranza e Pesquisa do Holocausto. Trátase de valiosas e importantes iniciativas, que acreditamos que van estabelecer un firme alicerce a partir do cal o seu goberno debe tomar máis medidas para combater o anti-semitismo e estabelecer unha relación construtiva e positiva coa comunidade xudía do seu país e co mundo xudeu no seu conxunto.
.
É esencial que o seu goberno tome medidas adicionais para deter os sentimentos anti-semitas na España. Para tal fin, instamos vocé o seu goberno para faceren afirmación públicas e tomadas de posición firmes rexeitando expresións de anti-semitismo. Consideramos que o seu goberno debe implementar completamente a lexislación antidiscrimación que faría do anti-semitismo un acto criminoso, penalizar a negación do Holocausto e designar un fiscal especial para tratar actos de racismo, xenofobía e anti-semitismo. Finalmente, é importante que calquer esforzo realizado polo seu goberno para tratar desta questión inclúa tamén un componente educacional acerca do Holocausto e estudos xudeus, especialmente nas instituicións de educación superior. Ten sido demostrado tanto na Europa como noutros lugares que tais programas educativos producen resultados positivos.
.
Nun momento no cal o Presidente Obama e os Estados Unidos están a preparar unha axenda cos nosos aliados para promover a democracía, os direitos humanos, a liberdade relixiosa e combater a xenofobía, a intolerancia e o odio, é importante que a España se una aos Estados Unidos para dar solución ao anti-semitismo. Acreditamos que as relacións entre americanos e españois -que descansan en valores comúns- serían reforzadas ainda mais cos esforzos do seu goberno para tratar esta questión, e nós estamos dispostos a traballar con vocés para encarar o anti-semitismo e outros asuntos de importancia mútua.
.
Agardamos pola súa resposta e ter novas noticias sobre os seus esforzos para combater o inquietante aumento do anti-semitismo na España.
.
Atenciosamente,
.
Robert Wexler, Dan Burton, Eliot Engel, Alcee L. Hastings, Christopher H. Smith, Frank Wolf, Shelley Berkley, Ron Klein, Michael E. McMahon, Carolyn McCarthy, Doug Lamborn, James P. Moran, Steve Cohen e Janice Schakowsky.

Comentarios