.
Ahmadineyad reuniuse hai uns días en Teherán co apaixonado sunnita e ex primeiro ministro turco Necmettin Erbakan para anunciar que está iniciándose a etapa apocalíptica profetizada no islam na que "a humanidade será gobernada por xente piadosa". Erbakan foi destituído en 1997 por traizoar coa súa relixiosidade exacerbada a constitución laica de Ataturk. Pero o fervor islamita continuou crecendo ata que triunfou en 2002 o Partido da Xustiza e o Desenvolvemento de Erdogan, antigo radical relixioso aparentemente moderado agora. Entrementres, o fanatismo seguiu dominando Irán, crece en Iraq, resucita en Afganistán e amplíase ó inestable e nuclearizado Paquistán.
.
Gran parte do próximo mundo islámico rexeitou a modernidade racionalista e impuxo polo menos parcialmente a sharía, a lei relixiosa. Xa se ven burkas afgáns onde nunca os houbo, como en Exipto. Irán envía mulás e ulemas misioneiros polo mundo, incluíndo Latinoamérica. Foi introducindo as súas roupaxes femininas xiítas na Turquía sunnita, á vez que sunnitas fundamentalistas pagados por Arabia Saudita predican no norte de África e Europa. Moitas profecías cúmprense porque as provoca quen cre nelas: estes piadosos fanáticos quizais atraian a Apocalipse se dispoñen de armas nucleares.

Comentarios